Cabo Bon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 37°04′08″N 11°02′35″L / 37.06889, -11.04306

O cabo Bon, ao leste do gofo de Tunes

O cabo Bon (árabe: , كاب بون, Eddar Rass; en francés, Cap Bon) é un cabo e unha península da costa setentrional de África, en augas do mar Mediterráneo, no extremo nororiental de Tunisia, fronte a Sicilia.

Na antigüidade era coñecido en latín como Promontorium Mercurii (o cabo de Mercurio).[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O cabo Bon é o extremo noroccidental do golfo de Tunes. Encóntrase a 73 km en liña recta da illa de Pantelleria (Italia), que é perfectamente distinguíbel en días claros. E o cabo Bon tamén pode verse desde Erice (un pequeno poblo medieval da provincia de Trapani, Sicilia).

Na península de Bon encóntranse as cidades de Nabeul ou Kélibia.[2]

As ruínas da cidade púnica de Kerkouane tamén se encontran nesta península.[2][3]

Xeoloxía[editar | editar a fonte]

Algúns xeólogos plantexan a hipótese de que hai miles de anos a península de Bon estaba unida a Sicilia, actuando como unha ponte entre África e Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

Hoxe en día a de Bon é unha península desenvolvida turisticamente grazas ás súas praias, covas, pobos de pescadores e importantes centros arqueolóxicos.

O mármore das canteiras da península de cabo Bon utilizouse para construír o Coliseo de Roma.

No ano 468 enfrontáronse nas súas proximidades a armada do Imperio Bizantino e a do Reino vándalo do norte de África.

O 13 de decembro de 1941 tivo lugar a batalla naval do cabo Bon durante a segunda guerra mundial. Esta batalla foi un enfrontamiento naval rápido na noite do 12 ao 13 de decembro de 1941 entre unha formación de dous cruceiros lixeiros italianos escoltados polo torpedeiro Cigno e unha pequena frota de destrutores británicos.[2]

O 11 de maio de 1943, despois dunha forte resistencia, produciuse a rendición do Quinto Grupo Blindado do Rexemento de Cabalaría de Niza nº1, sometido a duros bombardeos e rodeado polos ingleses tras a repentina rendición non anunciada dos seus aliados alemáns, os británicos permitiron que os dous oficiais italianos sobreviventes, Battistini e Baldissera, revistaran aos seus homes antes de que foran enviados ao cativerio.

Curiosidade ornitolóxica[editar | editar a fonte]

A península de Cabo Bon é un lugar de grande importancia para a migración das aves. Durante os meses de primavera milleiros de aves rapaces, como miñatos abelleiros, miñatos queimados e varias especies do xénero Circus, toman altura nas montañas antes de cruzar o Canal de Sicilia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shaw, Thomas (1757): Travels, Or Observations Relating to Several Parts of Barbary and the Levant: Illustrated with Cuts. A. Millar in the Strand, and W. Sandby in Fleet-Street, p. 76.
  2. 2,0 2,1 2,2 Sharik Peninsula na Encyclopedia Britannica.
  3. Paul Lachlan MacKendrick (2000): The North African Stones Speak. UNC Press Books. ISBN 978-0-8078-4942-2, p. 20.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Sethom Hafedh (1977): Les fellahs de la presqu'île du Cap Bon. Tunis: Éd. Université de Tunis.
  • Thameur Saad (2009): Le Cap Bon. Terre d'attache, terre d'envol. Tunis: Éd. Alif.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]