Saltar ao contido

Refused

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Refused
OrixeUmeå, Suecia
Período1991 - 1998
2012 - presente
Xénero(s)hardcore punk, art punk
Selo(s) discográfico(s)Burning Heart
MembrosDennis Lyxzén
David Sandström
Kristofer Steen
Jon Brännström
Antigos membrosMagnus Björklund
Jonas Eriksson
Pär Hansson
Magnus Höggren
Aimon Clarklund
Henrik Jansson
Anders Johansson
Jonas Lindgren
Ulf Nyberg
Jesper Sundberg
Na rede
officialrefused.com
IMDB: nm2067667 Facebook: RefusedBand Twitter: refused Instagram: refusedfreedom MySpace: refused Bandcamp: refused Spotify: 5sdxGvwxI1TkTA6Pu2jnTb iTunes: 6731856 Last fm: Refused Musicbrainz: 42884e27-dfb8-453d-990f-2ffd90bc2d1a Songkick: 88426 Discogs: 219574 Allmusic: mn0000885375 Deezer: 1400 Editar o valor en Wikidata

Refused é unha banda sueca de hardcore punk procedende de Umeå, formada no ano 1991. O grupo está formado polo vocalista Dennis Lyxzén, o batería David Sandström, o guitarristas Kristofer Steen e o baixista Magnus Flagge. O guitarrista Jon Brännström tocou con Refused dende 1994 ata que foi despedido a finais de 2014. As súas letras teñen unha perspectiva revolucionaria de esquerdas, e tratan os temas da moralidade clasista e burguesa, a represión autoritaria, a homofobia, os dereitos dos animais, a prensa, e a inutilidade da "democracia representativa".[1][2]

A banda editou cinco EPs e tres álbums antes de separarse en 1998. A revista Kerrang! situou ao seu álbum The Shape of Punk to Come no número 13 da súa lista do 50 álbums máis importantes de todos os tempos. O álbum tamén foi nomeado por varios críticos coma o mellor álbum de hardcore de todos os tempos. Varios meses de intensa xira e tensións internas remataron coa disolución da banda, despois de que o seu derradeiro concerto nos Estados Unidos fose disolto pola policía. Despois do fin do grupo Lyxzén pasou a liderar a banda de garage rock The (International) Noise Conspiracy.

En xaneiro do ano 2012 a banda anunciou a súa reunión, confirmando a súa actuación nos festivais de Coachella, Rock am Ring, Primavera Sound, Way Out West Festival ou Resurrection Fest entre outros. Tras realizar unha xira de case un ano a banda entrou en hiato novamente, pero anunciou unha nova reunión en novembro de 2014. Tras a reunión Refused publicou dous novos álbums de estudio, Freedom en 2015 e War Music en 2019.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbum Ano Selo
This Just Might Be the Truth 1994 Startrec, Burning Heart
Songs to Fan the Flames of Discontent 1996 Victory
The Shape of Punk to Come: A Chimerical Bombination in 12 Bursts 1998 Burning Heart Records
Freedom 2015 Epitaph Records
War Music 2019 Spinefarm Records, Search and Destroy

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  1. "REFUSED ARE FUCKING DEAD". web.archive.org. 2012-01-17. Archived from the original on 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 2020-04-10. 
  2. "Refused | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-04-10.