Saltar ao contido

Redondela (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Redondela
 Título
Redondela Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
Autoría
 Director/a
Temática
 Ambientado en
Datas
 Data de publicación
9 de febreiro de 1987
1987 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración116 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0091835 Filmaffinity: 850899 TCM: 495231 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Redondela é un filme de 1987, dirixido por Pedro Costa Musté. Reconstrúe o Caso Reace centrándose na actuación do avogado defensor e antigo líder da CEDA, José María Gil Robles. Os nomes dos protagonistas foron lixeiramente cambiados.

O caso Reace

[editar | editar a fonte]

A desaparición de catro mil toneladas de aceite de oliva dos depósitos de Reace en Guixar (Vigo) provocou un dos maiores escándalos de corrupción económica e criminal do franquismo. Durante as investigacións varios implicados e testemuñas faleceron en circunstancias non aclaradas. O xuízo comezou en outubro de 1974 cunha grande expectación, en parte debido á presunta implicación de Nicolás Franco Bahamonde, irmán do dictador. O tribunal estaba presidido por Mariano Rajoy Sobredo e entre os avogados estaban os famosos José María Gil Robles, José María Stampa Braun e Gonzalo Rodríguez Mourullo.

Argumento

[editar | editar a fonte]

O avogado Gil Ramos tenta aclarar ante os tribunais o roubo de catro mil toneladas de aceite dos depósitos de Acegasa, pero as persoas que poderían declarar como testemuñas morren en estrañas circunstancias.

Produción

[editar | editar a fonte]

O filme rodouse en Vigo e Alcalá de Henares. Durante a rodaxe, o actor protagonista, o inglés Patrick Newell desapareceu sen deixar rastro[1] e reapareceu unha semana máis tarde na Alemaña Occidental. Segundo o seu axente, foi a ese país por ser o primeiro voo que atopou no aeroporto, e o motivo da marcha foi unha gran presión psicolóxica polas longas xornadas de traballo e por non entender ningunha palabra de español.[2]

O entón alcalde de Redondela, Xaime Rei, protestou polo título do filme, alegando que o seu concello non tiña nada que ver co caso.[3]

  1. "Desaparece el actor principal de la película "Redondela"". El País (en castelán). 23 de outubro de 1986. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. "El actor Patrick Newell reaparece en la RFA". El País (en castelán). 28 de outubro de 1986. Consultado o 27 de novembro de 2018. 
  3. "El aceite se enfría lentamente". El País (en castelán). 5 de outubro de 1986. Consultado o 27 de novembro de 2018.