O Viso, Redondela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°19′19″N 08°35′38″O / 42.32194, -8.59389

O Viso
OViso.jpg
Igrexa de Santa María do Viso.
Concello Redondela
Poboación 1.504 hab. (2014)
Entidades de poboación 4

Santa María do Viso é unha parroquia situada ó norte do concello de Redondela. Linda coas parroquias de Cesantes, Ventosela e co Concello de Soutomaior. Está formada por catro núcleos de poboación: Tuimil, A Nogueira, Soutoxuste e Saramagoso, onde convivían 1.504 veciños en 2014 (735 homes e 769 mulleres).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está atravesada polo río Pexegueiro de onde se nutren de auga unha serie de muíños que no seu tempo foron decisivos para a economía da zona. A aldea de Soutoxuste posúe unhas tranquilas calas na beira do mar. Na Nogueira pódense visitar algúns petróglifos. En Tuimil atópase o parque do Loureiro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O Viso está atravesada de sur a norte polo camiño portugués a Santiago de Compostela. Con todo, a parroquia destaca pola atalaia do Monte da Peneda, que preside toda esa zona. No seu cumio está a capela da Virxe das Neves, nos terreos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o Castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois. Nese lugar, de grandes vistas cara a ría de Vigo e cara o val do río Verdugo, onde está o Castelo de Soutomaior, tamén hai restos de poboados castrexos.

Restos da muralla do Monte da Peneda.

O nome do Viso ten unha clara reminiscencia funcional na súa toponimia. Procede da forma visu, dos verbos latinos video e viso (ver, contemplar), e fai referencia a lugares elevados desde onde se poden contemplar amplas panorámicas. O seu nome procede entón da presenza do antes mencionado miradoiro da Peneda. O Padre Sarmiento, na súa viaxe a Galicia en 1745, apunta:

... sóbese a un alto desde o que se divisa toda a ría de Vigo, e as illas de Baiona, que semellan pechar toda a barra ... aquí un monte altísimo como pirámide, que chamar A Peneda. No alto hai ruínas dun castelo, e hoxe hai unha nova ermida de Nosa Señora, que chaman de Peneda. Este monte deixa case ó poñente a ría de Vigo, e case ó oriente Souto Maior ...

Festas[editar | editar a fonte]

As festas máis importantes da parroquia son:

  • San Brais (3 de febreiro). Antigamente unha burra acompañada duns gaiteiros e dos organizadores da festa recorrían as rúas da parroquia repartindo rosquillas e viño, amais de se celebrar a verbena da noite e os actos relixiosos. Actualmente, por mor de non haber organización que se faga cargo, só se realizan as misas e procesión.
  • Festa da Virxe das Dores da Teixeira (primeira fin de semana de setembro, no barrio de Tuimil)
  • Romaría da Virxe da Peneda (luns de pascua e 5 de agosto).
  • Festa de San Antonio, no barrio de Saramagoso (a fin de semana do 13 de xuño)
  • Festa dos fachos.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Viso[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Viso no concello de Redondela (Pontevedra)

A Nogueira | Saramagoso | Soutoxuste | Tuimil

Parroquias de Redondela[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Redondela

Cabeiro (San Xoán) | Cedeira (Santo André) | Cesantes (San Pedro) | Chapela (San Fausto) | Negros (Santo Estevo) | Quintela (San Mamede) | Reboreda (Santa María) | Redondela (Santiago) | Saxamonde (San Román) | Trasmañó (San Vicente) | Ventosela (San Martiño) | Vilar de Infesta (San Martiño) | O Viso (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]