Rebeliom do Inframundo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rebeliom do Inframundo
REBELIOM DO INFRAMUNDO.jpg
OrixePonteareas, Galicia Galicia
Período2005/2009 - actualidade
Xénero(s)Hip-hop
Selo(s) discográfico(s)Independente
MembrosNervo (MC)
Malvares de Moscoso (MC)
Frank (MC/Productor)
Movementss (Produtor)
Pol (DJ)
Antigos membrosRapu (DJ) , Rustiko (MC), Ichi R(DJ)
Artistas relacionadosOs trasnos de Moscoso
Iria Medranho
SonDaRúa
Skandalo GZ
Páxina webrebeliomdoinframundo.bandcamp.com
@@rebeliomdoinfra

Rebeliom do Inframundo é un grupo de rap en galego con orixe en Ponteareas e con sede en Vigo. Os seus membros son Nervo (MC), Malvares de Moscoso (MC), Frank (MC/Productor), Movementss (Productor) e Pol (DJ).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O grupo comezou a súa traxectoria no ano 2005, o seu nome provén do lugar onde se xuntaban (Inframundo) en Ponteareas. Inicialmente a banda comezou con tres compañeiros desa vila que se xuntaron para facer música, segundo eles nacida da raiba e a frustración, eses primeiros membros eran: Nervo (mc), Rustiko (mc) e Rapu (dj).

Anos despois editaron a maqueta Rebeliom do Inframundo (2009) e o seu primeiro disco físico A Sorpresa (LP, 2012) producido e scratcheado case integramente por DJ Rapu, agás dous temas que correron baixo a produción de "Acid Lemon" e "Ebanni". O disco foi gravado na XREC (Vigo) e foi editado baixo o selo independente vigués "Track Asedio". Despois deste traballo, o grupo parou a súa actividade e DJ Rapu deixou a banda.

Tempo despois fixose pública a volta de Rebeliom do Inframundo cunha nova formación, á banda incorporáronse Malvares de Moscoso, antigo membro da banda de rap galega "Os trasnos de Moscoso", o MC vigués "Frank", pertencente ao colectivo "Verso Libre", un novo produtor musical "Movementss" e o mando dos pratos un novo DJ, "Ichi". Xuntos deron forma ao que sería o novo traballo da banda, Lume e Rebeliom presentado en abril de 2016 en Vigo. Neste disco incluíron colaboraións vocais co músico irlandés Brian Brody e a voz de Iria Medranho. Tras este disco participaron en varios festivais e salas, tocando en Portugal, Madrid e Euskadi. En 2017 rematou a xira Lume e Rebeliom por Portugal.

A comezos de 2019 sae o seu novo LP, "ILEGAL", autoeditado xunto a productora viguesa Galunk Producións, o grupo entraría nunha nova etapa como banda, coa inclusión de Movementss nos seus directos e o cambio de DJ. entrando Dj.Pol a formar parte da formación oficial do grupo. Este novo traballo, conta con producións de Frank (Rebeliom do Inframundo), Baghira, J.CNNR, Beatbusta e Movementss (Rebeliom do Inframundo), así como a colaboración vocal da banda valenciana Mafalda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Rebeliom do Inframundo". gzmusica.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]