Real Expedición Botánica do Novo Reino de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa do Novo Reino de Granada.

A Expedición Botánica do Novo Reino de Granada é un inventario da natureza do Vicerreinado de Nova Granada realizado por José Celestino Mutis durante o reinado de Carlos III de España.[1] Coñecido na Historiografía colombiana como a Expedición Botánica, os seus obxectivos científicos deron como resultado a herborización e clasificación de 20 000 especies vexetais e 7000 animais dun territorio que corresponde coa actual república de Colombia, a fundación do observatorio astronómico de Santa Fe de Bogotá, un dos primeiros de América meridional, a creación dun selecto grupo de científicos e artistas e deu fundamentos para a concienciación das riquezas naturais do Novo Mundo. Iniciouse en 1783 e durou trinta anos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. H. Petersen, Ronald. New world botany: Columbus to Darwin. Koeltz Scientific Books. ISBN 3-904144-75-8.