Saltar ao contido

Real Burgos Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Burgos
NomeReal Burgos Club de Fútbol S.A.D.
Alcume(s)Rojipardillos
Fundación4 de agosto de 1983
EstadioMunicipal de El Plantío,
Burgos, España España
Inauguración1964
Capacidade12.200
PresidenteEspaña Juan Antonio Gallego
AdestradorEspaña Marcos López Aragón
LigaPrimeira División Rexional de Castela e León
2020-2110º (Terceira División Española)
Na rede
http://www.realburgos.es/
Titular
Alternativo

O Real Burgos Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Burgos, Castela e León, España, que compite na Primeira División Rexional de Castela e León.

A súa fundación levouse a cabo no ano 1983 trala desaparición do Burgos Club de Fútbol, e partindo do seu filial, o Burgos Promesas. Chegou a militar tres tempadas na Primeira División, entre 1990 e 1993. Deixou de competir en 1996, regresando á actividade en 2011.

O club nace o 4 de agosto de 1983 como consecuencia da desaparición do Burgos Club de Fútbol e partindo da súa filial, o Burgos Promesas.

As dúas primeiras tempadas da súa curta historia, logra competir desde a Terceira División quedando campión en ambas as edicións. Na primeira cae no play-off de ascenso ante o filial do FC Barcelona, o Barcelona Atlètic; pero na segunda, consegue o ascenso á Segunda División B a costa do Huesca, tras unha destacada actuación do porteiro galego Bastón, que sería titular indiscutible na portería do club durante a seguinte década.[1]

Na Segunda División B compite outros dous anos conseguindo o ascenso a Segunda División ante a UD Salamanca.

As dúas primeiras tempadas en Segunda División son complicadas, salvándose o equipo do descenso e sentando as bases do que sería a terceira tempada consecutiva en Segunda División. Esta tempada, a 1989/90, fixo unha grande actuación, co galego Naya no banco. O club dominou a competición de principio a fin e consumou o ascenso á elite do fútbol español en San Mamés, ante o filial do Athletic de Bilbao, o Bilbao Athletic. O equipo acabou cantando o alirón e a cidade recuperou a ilusión perdida sete anos atrás.

Os dous primeiros anos en Primeira División foron os máis gloriosos do club. O club debutou na tempada 1990-91 nun partido en El Plantío ante o Cádiz CF, ao cal gañou por 1-0 con gol de Ivica Barbarić. Ese mesmo ano foi alcumado como o "mataxigantes" debido aos bos resultados cultivados ante os equipos máis importantes de España como a dobre vitoria cultivada ante o Real Madrid tanto en El Plantío (2-1) como no Santiago Bernabéu (0-1). Cabe destacar nesta primeira tempada na máxima categoría a solidez defensiva do equipo, conseguindo ser o equipo menos goleado da Primeira División con tan só 27 goles encaixados en 38 partidos.

A segunda tempada do club na máxima categoría, a 1991-92, saldouse cun espléndido 9º posto, salvándose o equipo do descenso varias xornadas antes de acabar o campionato e quedándose ás portas da extinta Copa da UEFA.

A tempada 1992/93, a última do club na elite do fútbol español, arrincou cun espectacular (4-0) ante a Real Sociedad, póndose líder na primeira xornada da Primeira División. A partir de aquí o equipo dirixido baixo a batuta de Theo Vonk, comezou a encadear unha serie de resultados que acabaron co equipo nas últimas posicións das cales non puido saír, a pesar do baile de adestradores que sufriu o club ata o final de tempada. O equipo despediuse da máxima categoría cun triunfo (1-0) sobre o Club Atlético Osasuna con gol de Loren.

O equipo descendeu a Segunda División, quedando inmerso nunha grave crise económica agudizada pola obrigatoriedade de ter que converterse o club en Sociedade Anónima Deportiva o que fixo que descendese, ao ano seguinte, directamente ata a Terceira División. Tras un ano sen competir e tras pasar un verán problemático, no cal pensábase que o equipo ía desaparecer, o club conseguiu finalmente competir na Terceira División, manténdose na categoría. Sería esta a última tempada na que competiu o club.

O club deixou de competir trala tempada 1995/96, regresando á actividade en 2011, cando Juan Antonio Gallego, presidente da entidade, inscribiu o equipo na división máis baixa, a Primeira División Provincial Afeccionados.

Datos do club

[editar | editar a fonte]
  • Tempadas en : 3
  • Tempadas en : 4
  • Tempadas en 2ªB: 2
  • Tempadas en : 3
  • Mellor posto en Primeira: 9º (tempada 1991-92)
  • Peor posto en Primeira: 20º (tempada 1992-93)
Tempada Categoría Posición Copa do Rei
1983-84 3ª División -
1984-85 3ª División 3ª Eliminatoria
1985-86 2ª División B 1/8
1986-87 2ª División B 2ª Eliminatoria
1987-88 2ª División 13º 4ª Eliminatoria
1988-89 2ª División 14º 4ª Eliminatoria
1989-90 2ª División 1ª Eliminatoria
1990-91 1ª División 11º 4ª Eliminatoria
1991-92 1ª División 1/8
1992-93 1ª División 20º 4ª Eliminatoria
1993-94 2ª División 19º 3ª Eliminatoria
1994-95 Non competiu
1995-96 3ª División 10º -

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Presidentes

[editar | editar a fonte]
  • España Félix Castrillo
  • España Antonio Marañón
  • España Antonio Martínez Laredo
  • España Miguel Jérez
  • España Juan Antonio Gallego

Adestradores

[editar | editar a fonte]
  1. Delgado Barriuso, Jesús Ignacio (21 de xuño de 2015). "Trigésimo aniversario del ascenso del Real Burgos a 2ª B" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]