Manuel Milà i Fontanals
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de maio de 1818 Vilafranca del Penedès |
| Morte | 16 de xullo de 1884 Vilafranca del Penedès |
| Lugar de sepultura | Cementiri de Vilafranca del Penedès (en) |
| 1861 – 1878 ← Ramón Roig y Rey – Joaquín Rubió y Ors → | |
| Catedrático de universidade | |
| | |
| Datos persoais | |
| Educación | Universidade de Cervera |
| Actividade | |
| Ocupación | filólogo, romanista, historiador da literatura, escritor, crítico literario |
| Empregador | Universidade de Barcelona |
| Membro de | |
| Movemento | Renaixença |
| Alumnos | Marcelino Menéndez Pelayo |
| Familia | |
| Irmáns | Pau Milà i Fontanals |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Library of the World's Best Literature |

Manuel Milà i Fontanals, nado en Vilafranca del Penedès o 4 de maio de 1818 e finado na mesma vila o 16 de xullo de 1884, foi un filólogo, erudito e escritor catalán. Considérase un dos impulsores da Renaixença, mercé aos seus esforzos na restauración dos Jocs Florals (Xogos florais), e no campo ortográfico.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito nos Estudis Generals de Barcelona. Entre 1838 e 1844 estuda en París, investigando directamente sobre manuscritos a poesía provenzal. A partir de 1845, retorna a Cataluña, doutorase en Filosofía e Letras e un ano despois gaña a cátedra de Literatura na Universidade de Barcelona.
Cabe notar a súa actividade como historiador da literatura medieval catalá e a súa intervención, a fins do século XIX, nas polémicas sobre a unificación da ortografía. Propuxo, en 1861, a división dialectal do catalán en dous grandes bloques: oriental e occidental.
Obra
[editar | editar a fonte]Estudou con novas perspectivas a poesía popular catalá:
- Observacions sobre la poesía popular (1853).
- Romancerillo Catalán (1882).
A poesía trobadoresca;
- De los trovadores en España (1861).
A literatura castelá antiga;
- De la poesia heroico-popular castellana (1874).
A literatura catalá antiga;
- Resenya històrica i crítica dels antics poetes catalans.
O psicoloxismo escocés;
- Principios de Estética (1857-1869).
As súas Obras completas, foron editadas por Marcelino Menéndez Pelayo de 1886 a 1896.