Saltar ao contido

Constantino Sánchez Mosquera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConstantino Sánchez Mosquera

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de setembro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Herves, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Montevideo, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, médico, escritor Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
IrmánsLuís Sánchez Mosquera Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1431126 BUSC: sanchez-mosquera-constantino-1887-1960

Constantino Sánchez Mosquera, nado en Herves (Beira, Carral) o 13 de setembro de 1882 e finado en Montevideo o 7 de xaneiro de 1960, foi un médico, xornalista e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Pedro Sánchez Hermida e Manuela Mosquera Otero. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Exerceu en clínicas madrileñas e foi profesor no dispensario de María Cristina. En xaneiro de 1913 embarcou para Montevideo para traballar no Hospital Español da capital urugaia.[1]. Ampliou estudos en París e en 1928 comezou a exercer a medicina na Asociación Española do Uruguai. Inspirou o Congreso Gallego-Americano (1920) e a constitución do Comité Pro Ejército Español despois da Desfeita de Annual (1921). En 1923 percorreu Francia, Alemaña, Italia e Suíza, ademais de toda España e especialmente Galicia. Pertenceu ao Ateneo da República Oriental, presidiu o Centro Gallego de Montevideo entre 1925 e 1930 e dirixiu o periódico Raza Celta. En 1935 regresou a Galicia e propuxo a creación dun Partido Liberal Gallego, pero regresou de novo ao Uruguai. Foi correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o título de comendador da Orde de Isabel la Católica.

  • Las hemorragias ocultas en las enfermedades del aparato digestivo, 1909.
  • El concepto moderno de la úlcera del duodeno, 1910.
  • Etiología y patogenia de la úlcera gástrica, 1911.
  • Páginas de vulgarización, 1926.
  • La Universidad de Compostela y otros problemas gallegos, 1931.
  • Galicia y su Santo patrono el Apóstol Santiago, 1946.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Paysandú con María Dolores Fontans Sousa en 1918,[2] e foi pai de Jose Pedro Sanchez Fontans. Era irmán de Luís Sánchez Mosquera.

  1. La Voz de Galicia, 7-1-1913, p. 3.
  2. La Voz de Galicia, 16-10-1918, p. 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Naya Pérez, Juan (1961). "Don Constantino Sánchez Mosquera". Boletín da RAG 29 (339-344): 305. Archived from the original on 10 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  • Bresciano, Juan A., El Centro Gallego de Montevideo bajo la presidencia de Constantino Sánchez Mosquera, 1999.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]