Raxa al-Xidawi
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ar) نجاة علي حسن الجدَّاوي 6 de setembro de 1934 Ismailia (Reino de Exipto) |
| Morte | 5 de xullo de 2020 Ismailia, Exipto |
| Causa da morte | COVID-19 |
| Relixión | Islam |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz, actriz de cinema, modelo |
| Período de actividade | 1958 |
| Familia | |
| Cónxuxe | Hassan Mokhtar |
| Parentes | Taheyya Kariokka, tía materna |
Raxa al-Xidawi, nada en Ismailia o 6 de setembro de 1934 e finada na mesma cidade o 5 de xullo de 2020, foi unha modelo e actriz exipcia. A súa carreira como actriz comezou en 1958 e continuou nos sesenta anos seguintes, o que a converteu, canda Mimi Jamal, na actriz exipcia coa carreira máis longa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Raxa criouse na cidade do Cairo onde foi, acompañada do seu irmán máis vello Faruk, para vivir coa súa tía, a bailarina e actriz, Tahia Carioca, que se ocupou deles. Asistiu á escola franciscana da capital exipcia, e alí estudou francés e italiano, e despois traballou no departamento de tradución dunha empresa de publicidade. En 1958 gañou un concurso de beleza, o que lle abriu as portas para traballar como modelo[1] e despois pasou ao mundo do cinema. A súa primeira interpretación fíxoa no filme Doaa al-Karawan. Moi activa na década de 1960 e 1970, traballou con Adel Imam en títulos como Al Sayed al-Shaghal e Al Zaeem. Casou co porteiro do Ismaili e mais da selección nacional de Exipto, Hassan Mukhtar, o 22 de novembro de 1970. Co xornalista Amr Adib tamén presentou un programa de televisión. Ao longo do século XXI especializouse en papeis de mulleres aristocráticas en numerosas series de televisión.
O 24 de maio de 2020 diagnosticáronlle coronavirus mentres rodaba unha serie para a televisión e quedou en illamento no hospital de Ismailia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ragaa Al-Geddawy". elcimena.com.