Ramón Lois Ordóñez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ramón Antonio Lois Ordóñez 1946 Ponteceso, España |
Morte | 9 de xaneiro de 2020 (73/74 anos) A Coruña, España |
Alcalde de Zas | |
1983 – 1991 | |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia Unión de Centro Democrático |
Ramón Antonio Lois Ordóñez, nado en Ponteceso en 1946 e finado na Coruña o 9 de xaneiro de 2020, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre e director do colexio de Zas. Neste municipio foi elixido concelleiro pola UCD tralas eleccións municipais de 1979, formación que quedou a tan só un concelleiro de lograla alcaldía. Nas municipais de 1983 encabezou a Candidatura Democrática Independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta, derrotando así ó anterior rexedor Antonio Cortizo Cortizo, o cal se presentara por AP. Nas municipais de 1987 encabezou a CPG e foi reelixido con maioría absoluta. Foi un dos alcaldes desta formación que respaldou o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura presentada na Deputación da Coruña polo socialista Salvador Fernández Moreda contra José Manuel Romay Beccaría. Decidiu non presentarse á reelección nas municipais de 1991, retirándose da primeira liña política, pero colaborando coa candidatura do PSdeG-PSOE e pasando a formar parte deste partido en 1993[1], se ben sempre en segunda liña.
Predecesor: Antonio Cortizo Cortizo |
Alcalde de Zas 1983 - 1991 |
Sucesor: Julio Díaz Rellán |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nova en La Voz de Galicia Carballo, 25-8-1993 p.31