Ramiro Granja González
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1889 Filgueira |
| Morte | 9 de novembro de 1936 Tenorio |
| Causa da morte | paseo, execución por arma de fogo |
| Actividade | |
| Ocupación | sindicalista |
Ramiro Granja González, nado en Filgueira (Lalín) en 1889 e finado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un sindicalista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un dos fundadores da Sociedad obrera de Ponte-Nova de Donsión en 1931 e acabou sendo elixido presidente da mesma en 1936. En maio dese ano Luís Frade nomeouno axente executivo para o cobro de impostos municipais. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acudiu a Lalín con varios compañeiros da sociedade o día 19. Participou na reunión con Manuel Ferreiro do día seguinte. Foi detido o 1 de setembro e internado no Cuartel da Falanxe. Alí foi torturado, obrigado a asinar unha declaración inculpatoria e a entregar os libros da sociedade, que serviron aos falanxistas para practicar novas detencións. Foi trasladado o 4 de novembro á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outros dez de Lalín e Arbo, para asasinalos na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Balbina Barcala, tivo seis fillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Igrexas, Manuel: "A masacre dos líderes obreiros en Tenorio" (30/8/2012) en Historias de Deza.