Ramón Vázquez García
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1964 (60 anos) Alcalá de Guadaíra, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1984 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Ramón Vázquez García, máis coñecido como Ramón, nado en Alcalá de Guadaíra o 14 de febreiro de 1964, é un exfutbolista español. Xogaba de dianteiro e foi internacional coa selección española.
Criouse na canteira do Sevilla FC, club no que desenvolveu case toda a súa carreira futbolística. A súa progresión truncouse por unha grave lesión de xeonllo en 1992.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seu pai era o futbolista Eugenio Vázquez, que xogou entre outros no Betis, mentres que súa nai traballara un tempo na casa de Ramón Sánchez-Pizjuán, presidente do Sevilla FC.[1]
Criouse futbolisticamente na canteira do Sevilla FC, debutando co primeiro equipo en Primeira División na tempada 1982/83.[2] Combinou o filial co primeiro equipo ata 1985, cando saíu cedido ao Recreativo de Huelva, na Segunda División.[1] Co club decano fixo unha gran tempada, anotando 15 goles, e ao seu regreso en Sevilla gañou a titularidade e sumou 16 goles en liga e un en Copa.
Continuou no club hispalense ata 1992, contabilizando un total de 244 partidos e 51 goles. En xuño de 1992 comprometeuse co Deportivo da Coruña para a tempada 1992/93 pero disputou antes un último partido co Sevilla, correspondente á derradeira xornada da 1991/92 fronte ao Valladolid. Nese partido sufriu unha grave lesión tras unha entrada de Vicente Engonga, rompendo os ligamentos do seu xeonllo esquerdo.[3] Un ano e un mes despois, e sen se ter estreado co Deportivo, foi traspasado ao Racing de Santander, que acababa de ascender a Primeira.[4] Con todo, volveu ao Deportivo uns días despois, ao non pasar con éxito o seu xeonllo o recoñecemento médico.
Finalmente, debutou co Deportivo no Teresa Herrera 1993, na final de consolación fronte á Lazio. Entrou no campo preto do final, como substituto de Alfredo e anotou o gol do empate e logo o derradeiro e decisivo lanzamento na quenda de penaltis.[5] Disputou tamén o Trofeo Juan Acuña fronte ao Universidad Católica de Chile, xogando de novo os minutos finais e marcando outro gol.[5] Con todo, non entrou nos plans de Arsenio e foi cedido ao Albacete, onde dispuxo de poucos minutos durante a tempada. En agosto de 1994, con 30 anos, anunciou a súa retirada.[6]
Tras a súa retirada volveu ao Sevilla FC, incorporándose á secretaría técnica do club.[7]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española en tres ocasións. Debutou con esta o 21 de xaneiro de 1987 fronte aos Países Baixos no Camp Nou. Marcou un único gol coa selección, nun amigable fronte a Inglaterra no Santiago Bernabéu.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Seu pai, Eugenio Vázquez, foi futbolista entre outros do Betis e o Recreativo de Huelva. O seu fillo Javi Vázquez, tamén futbolista, milita no UD Ibiza.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Ramón Vázquez: “La base de lo que hoy es el Sevilla empezó por reconocer que el club estaba en la ruina”" (en castelán). 17 de xuño de 2020. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 18 de febreiro de 2021.
- ↑ "RAMÓN VÁZQUEZ: "AHORA ES MUY DIFÍCIL QUE SALGAN JUGADORES DE CALLE, PERO SON MÁS COMPLETOS EN TODO"" (en castelán). 29 de abril de 2020. Consultado o 18 de febreiro de 2021.
- ↑ "Ramón: «Ha sido mala suerte y ya está»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 9 de xuño de 1992. p. 44.
- ↑ "El Deportivo traspasa a Ramón Vázquez". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xullo de 1993. p. 41.
- ↑ 5,0 5,1 "Despertar de un mal sueño". El País (en castelán). 25 de agosto de 1993. Consultado o 18 de febreiro de 2021.
- ↑ "Ramón confirma su retirada". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de agosto de 1994. p. 50.
- ↑ "Javi Vázquez, tras la estela de su padre Ramón" (en castelán). 2 de novembro de 2018. Consultado o 18 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1964
- Nados en Alcalá de Guadaíra
- Futbolistas de Andalucía
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Sevilla Atlético
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Albacete Balompié
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de España