Ramón García Sampayo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 17 de abril de 1900 Cervaña, España |
| Morte | 12 de febreiro de 1991 Ponte Sampaio, España |
| 1944 – | |
| 1936 – 1938 ← José Manuel Arribas Hermida | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Irmáns | Manuel García Sampayo Rafael García Sampayo |
Ramón García Sampayo, coñecido como Ramón de Portarís ou Ramón de Landín, nado en Cervaña (Silleda) o 17 de abril de 1900 e finado en Ponte Sampaio (Pontevedra) o 12 de febreiro de 1991, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel García Moreiras e irmán de Manuel García Sampayo. A familia trasladouse a Portarís na parroquia de Lois en Ribadumia. Militante de Falange, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Delegado de Orde Pública e presidente da Xestora municipal do Concello de Meis a finais de xullo.[1] Permaneceu no cargo até 1938. Na segunda corporación franquista presidida por Manuel Chao Cousido foi segundo tenente alcalde. O 21 de febreiro de 1940 foi nomeado concelleiro, continuando no posto coa seguinte corporación nomeada o 2 de decembro dese ano. Volveu ser nomeado alcalde de Meis en 1944. Finou en Ponte Sampaio o 12 de febreiro de 1991.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Evangelina Sabarís, e foi pai de Salustiano, Martín, Ramón, Manuel, Celia e Carmen García Sabarís.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. p. 175. ISBN 978-84-7680-692-0.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: José Manuel Arribas Hermida |
Alcalde de Meis 1936 - 1938 |
Sucesor: Manuel Chao Cousido |
| Predecesor: José Trigo Díaz |
Alcalde de Meis 1944 - ? |
Sucesor: Francisco Chantada Aboal |