José Manuel Arribas Hermida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Arribas Hermida
Nacemento7 de marzo de 1902
 Pontevedra
Falecemento7 de agosto de 1977
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Arribas Hermida, nado en Lérez (Pontevedra) o 7 de marzo de 1902 e finado o 7 de agosto de 1977, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou con Melania Martínez e trasladouse a vivir ao Marco (Meis). Labrego, tiña un negocio relacionado coa leite e creou unha empresa vinculada á liña de autobús Pontevedra-Vilagarcía. Fundou en 1934 a sociedade agraria "La Fraternidad" de Meis (Fraternidade Obreira de Labregos de Meis) da que foi elixido presidente. Foi detido en decembro de 1934 xunto co secretario da sociedade Rosendo Rodríguez Ozores[1]. Logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Meis o 15 de marzo. Logo da sublevación do 18 de xullo de 1936, o Concello de Meis foi rodeado e tomado polas forzas sublevadas o 21 de xullo, José Manuel refuxiouse na reitoral de Besomaño. Foi detido e internado no cárcere de Cambados, pasando despois ao de Pontevedra onde foi xulgado en consello de guerra o 14 de abril de 1937. Foi condenado por "auxilio á rebelión" a cadea perpetua, conmutada a 17 años de reclusión. Internado no penal da Illa de San Simón, foi trasladado despois á fortaleza de San Cristóbal en Iruña o 11 de outubro. Participou na fuga masiva o 22 de maio de 1938. Capturado, permaneceu na cadea ate que logrou a prisión atenuada no seu domicilio do Marco o 13 de setembro de 1940. En febreiro de 1944 conmutáronlle a pena por un ano de prisión menor.


Predecesor:
José Manuel Roma Hermida
 Escudo de Meis.svg
Alcalde de Meis
 
1936
Sucesor:
Ramón García Sampayo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 25-12-1934, p. 13.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]