Rafael García Sampayo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de maio de 1913 Cervaña |
| Morte | 11 de decembro de 1998 A Coruña |
| 1943 – 1944 | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Irmáns | Manuel García Sampayo Ramón García Sampayo |
Rafael García Sampayo, nado en Cervaña (Silleda) o 22 de maio de 1913 e finado na Coruña o 11 de decembro de 1998, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel García Moreiras e irmán de Manuel García Sampayo. A familia trasladouse a Portarís na parroquia de Lois en Ribadumia. Militante de Falange, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse voluntario en Pontevedra para ser enviado á fronte de Guadarrama en agosto.[1] Combateu na guerra civil. A Garda Civil detívoo en xuño de 1942 por dispararlle a Cándido Betanzos Charlín, médico de Meis, que se opuña a que mantivera relacións cunha filla súa.[2] Foi alcalde de Ribadumia entre 1943 e 1944. Renunciou como alcalde por negarse a subornos e presións na distribución dos recursos do racionamento.[Cómpre referencia] Instalouse na Coruña dende finais dos anos coarenta e desenvolveu a súa actividade como pequeno industrial fabricando brochas de barbear en Hércules Industrial Brochera. Finou na Coruña o 11 de decembro de 1998.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou coa filla do médico de Meis, Angélica Encarnación Betanzos Millán, e foi pai de María Pilar, María Encarnación, Jesús, María Gema, María del Socorro, Rafael e Gabriel García Betanzos. Foi avo do escritor galego José António Lozano.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sánchez Arins, Susana (2015). seique. Santiago de Compostela: Através. ISBN 978-84-87305-33-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: ? |
Alcalde de Ribadumia 1943 - 1944 |
Sucesor: ? |