Manuel García Sampayo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de xullo de 1906 Cervaña |
| Morte | 14 de abril de 1993 Vilagarcía de Arousa |
| 1940 – | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Irmáns | Ramón García Sampayo Rafael García Sampayo |
Manuel García Sampayo, coñecido como Manuel de Portarís, nado en Cervaña (Silleda) o 5 de xullo de 1906 e finado en Vilagarcía de Arousa o 14 de abril de 1993, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel García Moreira, un zapateiro de Cervaña que mercou unha antiga granxa de frades en Portarís na parroquia de Lois en Ribadumia, onde se trasladou a familia a principios do século XX. Criador de porcos, na República participou nas accións de mellora da actividade agrícola promovidas por Cruz Gallástegui desde a Misión Biolóxica de Galicia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integrouse na Garda Cívica da zona. O seu irmán Ramón García Sampayo foi nomeado alcalde de Meis en agosto de 1936. Coñecido represor, era xefe da escuadra de Ribadumia das Milicias de Falange. Estivo implicado no asasinato de Ramón Barreiro Rodríguez e Castor Cordal Garrido o 15 de setembro de 1936. Foi detido pola Garda Civil o 13 de xuño de 1937 seguindo ordes do xuíz de Cambados, ao día seguinte detiveron a Adolfo Martínez Ríos, ambos acusados do asasinato de Daniel Varela Muñiz.[1] Militantes recoñecidos de Falange, foron expulsados o 17 de xuño por “indeseables e indignos de vestir la camisa azul”. Ao ser os dous inculpados falanxistas e estar militarizados, o xulgado inhibiuse e a causa pasou á autoridade militar. Ante os testemuños contraditorios, o auditor de guerra decretou o sobresemento provisional da causa 1031/37 e os detidos saíron en liberdade o 12 de novembro de 1938.[2] Foi alcalde de Ribadumia en 1940. O seu irmán Rafael García Sampayo foi nomeado alcalde de Ribadumia en 1943. Foi inspector de cinematografía e teatro do Ministerio de Información e Turismo en Ribadumia até 1954.[3] Finou en Vilagarcía de Arousa o 14 de abril de 1993 aos 86 anos.[4]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Carmen Vila Vila e foi pai de Carmen, María, Manuel, Ramón Ramiro e Celia García Vila.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sánchez Arins, Susana (2015). Seique. Santiago de Compostela: Através. ISBN 978-84-87305-33-7.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Manuel García Sampayo: a engrenagem necessária
- Susana Aríns: “A família é um dos piares dos regimes fascistas”
- La maldad no tiene derecho al anonimato
- Cuando el asesino falangista es de la familia
- Fios ao redor de Seique
| Predecesor: ? |
Alcalde de Ribadumia 1940 - ? |
Sucesor: ? |