Ramón Figueroa Vilachá
Ramón Figueroa Vilachá | |
---|---|
Nacemento | 1903 |
Lugar de nacemento | Carballo |
Falecemento | 7 de decembro de 1940 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | mestre e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ramón Amadeo Figueroa Vilachá, nado en Noicela (Carballo) cara a 1903 e finado na Coruña o 7 de decembro de 1940, foi un mestre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Antonio Figueroa Lafuente e da mestra Dolores Vilachá Vázquez. Estudou Maxisterio, e afiliouse a FTE-UGT. Deu clases particulares en Sergude (Carral), despois foi mestre interino en Sedes (Narón), e dende 1935 foi mestre de Sésamo (Culleredo). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil o 5 de agosto nun café de Carral con outros veciños por escoitar unha emisora gobernamental. Foi suspendido de emprego e soldo a finais de agosto.[1] Pasou tres meses na prisión na Coruña. Depurado, foi condenado a dous anos de suspensión de emprego e soldo. Ao ser mobilizada a súa quinta, o 31 de abril de 1937, incorporouse ao exército rebelde. Nos primeiros días de xullo foi destinado á fronte de Brunete e o 2 de agosto desertou e pasouse á zona leal con Gerardo Paseiro Carril e Benito Búa Rivas.[2][3] Formou parte das Milicias da Cultura nunha compañía de Zapadores e despois da 29 Brigada Mixta. Ao rematar a guerra foi investigado e interrogado. Finalmente foi procsado en abril de 1940. Xulgado na Coruña en consello de guerra por traizón á patria con Gerardo Paseiro Carril, foron condenados a pena de morte. Foron executados no Campo da Rata o 7 de decembro de 1940.[4] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en abril de 1941.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 22-8-1936, p. 4.
- ↑ Ficha de Ramon Figueroa Vilacha
- ↑ Ficha de Ramon Figueroa Vilacha
- ↑ La Voz de Galicia, 8-12-1940, p. 2.
- ↑ BOE, 21-4-1941, p. 1556.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Figueroa Vilachá, Manuel. A verdade por encima de todo.
- Gabriel, Narciso de (2023). Os mestres mortos daquel verán. Vigo: Galaxia. pp. 209–223. ISBN 978-84-9151-969-0.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ramón Figueroa Vilachá na páxina web Nomes e Voces.