Ramón Carballal Pernas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Carballal Pernas
Biografía
Nacemento1921 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte14 de setembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (60/61 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxuíz , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Carballal Pernas, nado na Habana en 1921 e finado na Coruña o 14 de setembro de 1982,[1] foi un xuíz e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Cuba, fillo de pais galegos. Retornaron a Galicia en 1926. Estudou Dereito na Universidade de Madrid. Ingresou na carreira xudicial en 1947. Foi xuíz na Fonsagrada, Chantada, Betanzos e Ferrol. Foi nomeado maxistrado da Audiencia Territorial da Coruña en 1963, ocupando o cargo ata a súa morte.

Presidiu a Sección de Dereito Penitenciario do V Congreso Iberoamericano e Filipino de Dereito Penal e Penitenciario, e foi secretario da Comisión de Estudos do I Congreso de Dereito galego. Membro correspondente do Instituto Español de Dereito Procesal, formou parte do consello de redacción das revistas Foro Gallego e Jurisdicción Contencioso-Administrativa. Foi conferenciante sobre xustiza, sociedade, literatura e relixión.

Obras[editar | editar a fonte]

Publicou traballos xurídicos en revistas especializadas. Escribiu poesía en galego e en 1974 acadou a “Flor Natural” nos Xogos Florais de Oleiros.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Cruz Distinguida de San Raimundo de Peñafort, 1963.
  • Cruz de Honra e o Gran Colar de San Raimundo de Peñafort a título póstumo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 15-9-1982, p. 46.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Ciencia xurídica e galeguismo. Ramón Carballal Pernas. A Coruña: Pio Garcia. 2012. ISBN 978-84-9812-175-9. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]