Ramón Area Carracedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Area Carracedo
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor em Wikidata (54/55 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalLicenciado en Medicina
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsiquiatra , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorHospital Psiquiátrico de Conxo
Familia
PaiRamón Area Míguez
IrmánsIván Area Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1989839

Ramón Area Carracedo, nado en Ourense en 1969, é un médico psiquiatra e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ramón Area Carracedo estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Con posterioridade, fixo a especialidade de psiquiatría na cátedra do antigo Hospital Xeral de Galicia en Santiago, para traballar, máis tarde, no Hospital Calde de Lugo durante un longo período de tempo que o marcaría profundamente, tanto no profesional como no persoal.[1]

Actualmente desenvolve a súa profesión nunha Unidade de Rehabilitación do Hospital Psiquiátrico de Conxo, en Santiago de Compostela.[1]

Desde hai anos é membro activo da Asociación Galega de Saúde Mental da cal é o seu presidente.[1]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Psiquiátricas[editar | editar a fonte]

Ramón Area ten escrito numerosos artigos científicos en revistas nacionais e internacionais, sobre todo no Siso Saúde, unha publicación periódica editada pola Asociación Galega de Saude Mental.[1]

É autor, entre outros, de libros como:

Así mesmo, publicou moitos traballos en monografías colectivas, como:[1]

  • La esquizofrenia hoy (1997)
  • Temas psiquiátricos (2002)
  • O saber holístico: Homenaxe ao profesor Rof Carballo (2005). Vigo: Editorial Galaxia
  • Sobre la conciencia (2006). Vigo : Asociación Galega de Saúde Mental. ISBN 84-935033-3-9[5]
  • Verbas de outono (2006)
  • Verbas de outono (2007)

Novela[editar | editar a fonte]

En decembro de 2015 presentou a súa primeira novela, Tempo de Pedra,[1] publicada por Editorial Canela. ISBN 978-84-6084-348-1. En 2020, publicou en Edicións Positivas, Camiño negro.[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É fillo do escritor e profesor de filosofía Ramón Area Míguez e irmán do profesor de matemáticas e xestor da Universidade de Vigo, Iván Area.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Ramón Area Carracedo en Editorial Canela.
  2. Ramón Area Carracedo en Dialnet.
  3. "Psicopatoloxía do retorno". editorialgalaxia.gal. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  4. "Arquitecturas da infancia: escenarios e teatros na construción social da infancia". catalogo.bne.es. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  5. "Sobre la conciencia". catalogos.mecd.es. Consultado o 15 de outubro de 2022. 
  6. "CAMIÑO NEGRO". follasnovas.com. Consultado o 15 de outubro de 2022.