Rafael Saura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Saura
Biografía
Nacemento1956 Editar o valor em Wikidata (67/68 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rafael Saura é un escritor ferrolán nado en 1956.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Química na Universidade de Santiago de Compostela e desde 1982 desenvolveu a súa actividade laboral en Navantia-Ferrol (antiga E.N. Bazán).

Comeza a escribir como unha afección, publicando a súa primeira novela, Huir del aire, en 2002, ambientada na Idade Media durante o período da peste negra. Con ela obtén un accesit no Premio internacional de novela histórica Alfonso X, El Sabio.

Posteriormente ten publicadas as novelas La sombra de la luna (2006), Vientos de naufragio (2011), El trigo de los asteroides (2012) e El último ermitaño de Caaveiro (2016). Ademais escribiu varios relatos curtos, entre os que se atopan La derrota de Sito, El mar de los rayos verdes, El coleccionista de falsos recuerdos e La bicicleta, e un libro de ensaio, El paradigma (2013).

Durante os anos 2003 e 2004 foi articulista de opinión no Diario de Ferrol, actividade que retomou no mesmo xornal en 2013.

Outra das súas afeccións é a fotografía. Neste eido editou en 2013, xunto co historiador Carlos de Castro, unha guía de Ferrol e os seus arredores de título Ferrol desde Ferrol.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]