Saltar ao contido

Rafael Balsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rafael Balsa de la Vega»)
Modelo:BiografíaRafael Balsa
Biografía
Nacemento1859 Editar o valor en Wikidata
Padrón, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xuño de 1913 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, crítico de arte, escritor, autor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1877 Editar o valor en Wikidata -
Membro de

Descrito pola fonteEnciclopedia Galega Universal
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Diccionario enciclopédico galego universal Editar o valor en Wikidata
BNE: XX831079 BUSC: balsa-de-la-vega-rafael-1858-1913 Dialnet: 3852377

Rafael Balsa de la Vega (adoitaba asinar R. Balsa de la Vega), nado en Padrón en 1859 e finado en Madrid o 2 de xuño de 1913, foi un pintor, crítico de arte, e tradutor galego.

Artistas y críticos españoles.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pintou acuarelas e óleos, retratos de persoeiros como Juan Rodríguez del Padrón[1] ou Emilia Pardo Bazán e outros títulos como En una aldea de Galicia (100x60cm), presentado á Exposición Nacional de Belas Artes de 1884,[2] Un rato de conversación (16x23) ou Devotos de Santa María de los Arcos (16x26), ámbolos dous incluídos na Exposición Nacional de Belas Artes de 1887.[3] Viaxou por Europa e América. Xa como crítico, colaborou en La Ilustración Española y Americana, Blanco y Negro, La Ilustración Artística, Galicia. Revista Regional[4] e o Boletín de la Real Academia Gallega[5].

Pertenceu á redacción de El Liberal. Participou no deseño do Pazo de Meirás.[6] Asistiu aos faladoiros cotiás da Cova Céltica[7] e foi membro correspondente da Real Academia Galega.[8]

Cando morreu estaba a traballar, por encarga do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, na confección dun catálogo artístico e monumental das provincias galegas.[9]

Obra bibliográfica

[editar | editar a fonte]
Los bucólicos, la pintura de costumbres rurales en España
  • Artistas y críticos españoles, 1891, Barcelona.
  • Los bucólicos, la pintura de costumbres rurales en España, 1892, Barcelona
  • Eugenio Lucas, 1911, Madrid.
  • Orfebrería gallega. Notas para su historia, 1912, Hauser y Menet, Madrid.

Traducións

[editar | editar a fonte]

Traduciu ao castelá varias obras, a maioría delas de Emilio Salgari:

  • Sandokan, los tigres de Mompracen, de Salgari.
  • La mujer del pirata, segunda parte de Sandokan, de Salgari.
  • El corsario negro, de Salgari.
  • La venganza de Sandokan, de Salgari.
  • Los náufragos del Liguria, de Salgari.
  • Devastaciones de los piratas, de Salgari.
  • Noruega literaria, de Jacques de Coussange

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Unha rúa do centro de Padrón leva o seu nome.

  1. O cadro está no Pazo do Concello de Padrón.[1] Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
  2. "Los artistas gallegos". El Eco de Galicia (118). 28/09/1884. pp. 1–2. 
  3. Catálogo (pezas n.º 75 e 76) p. 29.
  4. Artigos de R. Balsa de la Vega Arquivado 13 de xuño de 2018 en Wayback Machine. (en castelán) en Galicia. Revista Regional.
  5. Artigos de R. Balsa de la Vega Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine. no Boletín de la RAG (en castelán).
  6. Decreto 299/2008, polo que se declaran ben de interese cultural, coa categoría de sitio histórico, as Torres de Meirás DOG.
  7. Tettamancy, Francisco (1917). Víctor Said Armesto. A Cruña [sic]: Imprenta Obreira. p. 13. 
  8. "Membros da Academia. Correspondentes". Real Academia Galega. 
  9. Couceiro Freijomil 1951.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]