Saltar ao contido

Río Urubamba

Modelo:Xeografía físicaRío Urubamba
(es) Río Urubamba Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAmérica do Sur Editar o valor en Wikidata
País da cuncaPerú Editar o valor en Wikidata
División administrativaPerú Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaDepartamento de Loreto, Perú Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Ucayali Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 11°33′16″S 73°08′55″O / -11.554444444444, -73.148583333333
10°42′03″S 73°45′22″O / -10.7007, -73.756
Composto por
Afluentes
29
Conca hidrográficaBacía do río Amazonas Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións725 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica60.300 km² Editar o valor en Wikidata
Val do Urubamba

O Urubamba, ou Urupampa, é un río do Perú, parcialmente navegábel, e que xunto co río Apurímac forman o Ucayali, un afluente do Amazonas.

O nome do río en quichua é Willkamayu, "río sagrado", nome que conserva nesa lingua ao longo de todo o seu percorrido,e que é oficial nese idioma. Urubamba é outro nome tamén de orixe quichua é significa "chaira das arañas".

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Nace na Cordilleira dos Andes ao sueste de Cuzco, preto do límite coa Rexión de Puno ( onde é chamado Vilcanota ). Flúe en dirección noroeste durante 724 km, antes de se unir co Apurímac en Atalaya para formar o Ucayali, un dos máis importantes tributarios do Amazonas.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

A conca do Urubamba é disimétrica. Os tributarios principais sono pola beira dereita, dos que cómpre sinalar:

O Alto e Baixo Urubamba

[editar | editar a fonte]

Adoita subdivirse o curso do Urubamba en dúas partes, o Baixo e Alto Urubamba, cuxo límite ven marcado por unha garganta de fama sinistra, o Pongo de Mainique. O val do Alto Urubamba está densamente poboado e é cultivado intensivamente por regadíos. Áchanse nesta zona vestixios abondo da civilización Inca, entre eles a sonada cidade do Machu Picchu. O val do Urubamba era sagrado para os Incas.

O Baixo Urubamba está menos habitado e desenvolto. Atópanse aquí varios pobos amerindios como os Machiguengas (ou Matsigenkas) e os asháninkas. A economía é forestal principalmente e encoóntranse tamén os xacementos gasísticos de Camisea. A localidade máis importante é Sepahua.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]