Río Sumapaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 4°16′51″N 74°12′25″O / 4.28083333, -74.20705556

Lagoa Chisacá, nacemento do río.

O río Sumapaz é un río colombiano que discorre polos departamentos de Cundinamarca e Tolima. O seu nome débese ao seu lugar de nacemento a 4710 metros de altitude[1] no Páramo de Sumapaz, o de maior extensión a nivel mundial;[2] situado en zona rural de Bogotá.[3] É un dos principais afluentes do río Magdalena na parte alta da súa conca. No período español coñeceuse como río Fusagasugá con 200 km de lonxitude, xunto cos seus afluentes, os ríos: Pilar, Gobernador, Bejucal, San Juan, Negro, Guavio, Batán, Juan Viejo, Corrales, Bosque, Colorado, Barroblanco, Subia ou Chocho, Panche e Pagüey; todos eles, agás o último nacen no Páramo de Sumapaz e de San Fortunato. O val de Fusagasugá salienta polo seu clima e os cerros que o rodean. Alí existiu a lagoa de Fusagasugá de 100 km², que probablemente se desbordou cara ao val de Melgar.

Percorre a localidade bogotana de Sumapaz e os concellos de Cabrera, Venecia, Pandi, Icononzo, Nilo, Melgar e Ricaurte, neste últimos cinco serve como límite natural entre os departamentos de Tolima e Cundinamarca.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Corporación Autonoma Regional Del Tolima, CORTOLIMA, "Copia archivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2007. Consultado o 18 de maio de 2010. 
  2. "Parque Nacional Natural Sumapaz | Parques Nacionales Naturales de Colombia" (en castelán). Consultado o 20 de xullo de 2020. 
  3. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 5 de marzo de 2016. Consultado o 15 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]