O río Solimões recibe este nome debido aos pobos que habitaron as súas marxes, descritos polos cronistas españois e portugueses no século XVI. Nas marxes do río, entre os actuais municipios de Coari e Anamã, estaban as tribos do Yurimáguas[2]. Estes pobos recibiron diversos nomes ao longo dos séculos e diferentes cronistas chamáronos de distinto xeito: Joriman[3], Sorimões[4] e Sorimão [5].
As derivacións de Sorimão, Sorimões e Solimões veñen do latín Solimum, en referencia ao veleno utilizado nas puntas das frechas e dardos daquelas tribos, que era unha das sociedades máis belicosas do territorio[6], dando orixe ao nome do río.