Río Caquetá
Río Caquetá (col) Río Japará (bra) | |
---|---|
Vista do río Caquetá | |
País | Colombia Brasil |
Nacemento | Macizo Colombiano, no Páramo de las Papas |
Lonxitude | 2.280 |
Conca | Río Amazonas |
Desembocadura | Río Solimões (Amazonas) |
O río Caquetá ou Japará[1], de 2.280 quilómetros de lonxitude e que percorre Colombia e o Brasil, nace no Macizo Colombiano, no Páramo de las Papas.
Características
[editar | editar a fonte]No seu curso alto flúe en dirección sueste e marca a fronteira entre os departamentos colombianos de Putumayo e Caquetá. Preto de Tres Esquinas conflúe co río Orteguaza, e antes de penetrar no departamento colombiano de Amazonas recibe as augas do caudaloso río Caguán.
O río marca tamén a fronteira entre os departamentos de Caquetá e Amazonas, salvando numerosas cachoeiras.
Cerca dos cerros de Munoir recibe ao seu afluente Yarí.
Tras penetrar na Amazonia conflúe co río Apaporis, preto de La pedrera e entra no Brasil co nome de Jarupá. No seu curso baixo recibe ao Auati Paraná e ao Mirim Pirajuana
Desemboca na orela esquerda do río Amazonas, fronte a Tefé.
Aínda que é un río caudaloso e amplo, a existencia ao longo do seu curso de numerosos cachóns dificulta enormemente a navegación.
Posúe unha gran fauna, entre a que destacan os peixes, ademais de réptiles.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Caquetá é o nome que recibe en Colombia e Japará no Brasil
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Caquetá |