Encontro das Augas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O "Encontro das Augas", preto de Manaus, é a confluencia do río Negro, de augas máis escuras, co río Solimões, de augas máis claras.

O Encontro das Augas é a confluencia do río Negro, de augas máis escuras case de cor negra, co río Solimões, como é chamado o río Amazonas no Brasil nese tramo, de augas máis claras con tonalidade arxilosa. Durante 6 km as augas dos dous ríos corren lado a lado sen mesturarse, e é unha das principais actividades turística de Manaus.

Este fenómeno é producido polas diferenzas de temperatura, velocidade e densidade da auga dos dous ríos. O río Negro ten unha velocidade próxima a 2 km por hora e unha temperatura de 22 °C, mentres que o río Solimões flúe entre 4 a 6 km por hora a unha temperatura de 28 °C.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.