Río Potomac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O río Potomac visto dende Mount Vernon

O río Potomac flúe ata a Baía de Chesapeake, e atopase na costa Atlántica dos Estados Unidos. O río mide aproximadamente 665 km., cunha zona de influencia de preto duns 38.000 km². O Potomac é o 4º río da costa Atlántica estadounidense en termos de área irrigada, e ocupa o posto 21 na clasificación do país. Máis de 5 millóns de persoas viven nas ribeiras do rio Potomac, onde as precipitacións subministran mais de 8 m³ (8000 litros) de auga por persoa cada año.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O río forma parte da fronteira entre Maryland e Washington DC na ribeira esquerda e Virxinia Occidental y Virxinia na ribeira dereita. A rama baixa do río Potomac está considerado como parte de Maryland, cá excepción dunha pequena porción que se atopa no Distrito de Columbia. Exceptuando unha pequena porción das súas augas iniciais en Virxinia Occidental, a rama norte do río Potomac se considera parte de Maryland ata a parte máis baixa do nivel da auga na ribeira oposta. Na rama sur do río Potomac, este cruza o estado de Virxinia Occidental exceptuando o seu inicio que está en Virxinia.

Conca do Potomac

O río Potomac recorre 616 Km. (383 millas) dende Fairfax Stone en Virxinia Occidental hata Point Lookout en Maryland e rega uns 38018 km⊃2. O caudal medio é de 306.600 litros por segundo. O maior caudal rexistrado no Potomac pasando por Washington foi en marzo de 1936, cando este chegou ata os 12.000.000 litros/segundo. O caudal mais baixo rexistrado foi no mesmo lugar con 17.000 litros por segundo en setembro de 1966.

El río ten 2 fontes. A fonte para a rama norte atopase en Fairfax Stone, na fronteira dos condados de Grant, Tucker e Preston de Virxinia Occidental. A fonte da rama sur atopase preto de Hightown ó norte do condado de Highland, Virxinia. As dúas ramas do río conflúen ó leste de Green Spring no condado de Hampshire (Virxinia Occidental) para formar o Potomac.

Unha vez que o Potomac cae dende o Piedmont cara a planicie preto da costa, as mareas teñen maior forza. Notase dende Washington D.C. en diante. A salinidade no estuario do río crece cá proximidade á desembocadura. O estuario faise mais amplo, alcanzando os 17 km na boca do río, entre Point Lookout (Maryland) e Smith Point (Virxinia) antes de desembocar na Baía de Chesapeake.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Río Potomac