Tritón palmado
| Tritón palmado | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Lissotriton helveticus Gregor von Razumowski 1789 | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
|
Subdivisións
L. helveticus helveticus
L. helveticus punctillatus | |||||||||||||||||||
|
Sinonimia
Triturus helveticus | |||||||||||||||||||
|
Conservación
| |||||||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||||||
O tritón palmado[1] (Lissotriton helveticus) é unha especie de anfibio caudado pertencente á familia Salamandridae.
Atópase ao longo da Europa occidental e do norte, en lagoas, lagos, canais, forestas, terreos de pasto e agrícolas e ás veces en áreas costeiras.
O seu período de reprodución comeza en febreiro ou abril. Postos os ovos (entre 100 e 300) na auga, as larvas (cágados) eclosionan en dúas ou tres semanas, rematando o seu desenvolvemento polo verán na auga. As larvas sofren unha metamorfose entre as sexta e a novena semana. As larvas tórnanse sexualmente maduras durante o segundo ano. Os adultos hibernan na terra, baixo os troncos ou pedras, entre os meses de novembro e marzo, raramente o fan dentro da auga.
Os machos adquiren membranas interdixitais nos membros posteriores durante a época de reprodución.
Os tritóns poden chegar a vivir entre 10 e 15 anos.
É bastante abondoso en Galicia, agás na parte oriental da provincia de Ourense.
Os principais riscos que sofre esta especie son a transformación do medio no que vive, o desecamento das zonas húmidas, a contaminación do seu medio, os lumes forestais e a introdución de especie foráneas no seu hábitat natural.
Distribución das subespecies
[editar | editar a fonte]- Lissotriton helveticus helveticus - Norte de Alemaña a nordeste de España.
- Lissotriton helveticus punctillatus - Área da serra da Demanda, España.
- Lissotriton helveticus alonsoi - Noroeste da Península Ibérica; en Portugal, ó norte do río Vouga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" Arquivado 27 de agosto de 2016 en Wayback Machine. en Cadernos de Lingua, 13, páx. 84. Real Academia Galega.

