Río Gallegos, Santa Cruz
- Este artigo trata sobre a cidade, para o río vexa río Gallegos.
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Arxentina | |||
| Provincia da Arxentina | Provincia de Santa Cruz | |||
| Departamento da Arxentina | Güer Aike (pt) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 95.796 (2010) | |||
| Xeografía | ||||
| Altitude | 6 m | |||
| Datos históricos | ||||
Cronoloxía | ||||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | Z9400 | |||
| Fuso horario | ||||
| Prefixo telefónico | 02966 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | mrg.gov.ar | |||
Río Gallegos, coloquialmente Gallegos, é a capital da Provincia de Santa Cruz, situada na Patagonia, na República Arxentina.
Localizada na desembocadura do río Gallegos no departamento Güer Aike, é a cidade máis poboada da provincia —con 95 796 habitantes (2010)— e o centro distribuidor para as actividades turísticas da zona. A oferta turística da cidade está conformada por museos, monumentos histórico-culturais e circuítos urbanos; así como tamén un estuario que alberga miles de aves residentes e migratorias. Fóra do radio urbano pode verse a paisaxe volcánica da Laguna Azul, ou a Reserva Faunística Cabo Vírgenes, unha das maiores pingüineiras de América do Sur que alberga, de outubro a abril, máis de 150 000 pingüíns magallánicos.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta cidade existiu como poboación, aínda antes da chegada de Carlos María Moyano, quen en 1883 foi designado Gobernador do Territorio Nacional de Santa Cruz. A data da súa fundación formal senta cando o Goberno Nacional Arxentino destacou ao buque Villarino ao mando do capitán Federico Spurr, para que realizase a viaxe regular entre Buenos Aires e os portos da Patagonia. Río Gallegos naceu ao instalarse a Sub Prefectura Marítima, o 19 de decembro de 1885.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
