Ría de Aldán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da ría de Aldán dende a praia do Ancoradoiro.

A Ría de Aldán é unha enseada [1][2] galega que forma parte do conxunto das rías Baixas.

Contexto xeográfico[editar | editar a fonte]

Ten forma triangular. Sitúase no extremo da península do Morrazo, coa súa boca ao final da ría de Pontevedra. O río que desemboca ao comezo da enseada é o Orxas.

Poboacións[editar | editar a fonte]

Tres parroquias dan ás súas costas: O Hío e Aldán (pertencentes ao concello de Cangas), e Beluso (pertencente ao concello de Bueu). Posúe un porto pesqueiro, o de Aldán, e un deportivo, no Hío.

Praias[editar | editar a fonte]

Posúe numerosas praias, varias con Bandeira Azul. Nas costas de Aldán atópanse as praias de San Cibrán, Areacova, Francón, Menduíña e Lagoelas. En Beluso atópanse Area de Bon, Lagos e Ancoradoura. No Hío destacan Vilariño, Castiñeiras e Areabrava. As praias que conseguiron en polo menos unha ocasión a denominación de bandeira azul son Menduíña, Areabrava e Vilariño.

Notas[editar | editar a fonte]