Quinto Fabio Memio Símaco
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV |
Morte | valor descoñecido |
Gobernador romano | |
Pretor | |
Cuestor | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Aurelii Symmachi (en) |
Fillos | Quinto Aurelio Símaco (cónsul 446) |
Pais | Quinto Aurelio Símaco e Rusticiana |
Irmáns | Galla |
Quinto Fabio Memio Símaco (en latín: Quintus Fabius Memmius Symmachus) nado polo 383 ou 384 e finado no 402, foi un maxistrado e político do Imperio romano, membro da influente familia dos Símaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era fillo do orador e político Quinto Aurelio Símaco e Rusticiana. Memio tiña unha irmá máis vella, Gala, quen casou con Nicómaco Flaviano, fillo de Virio Nicómaco Flaviano. Cando contaba con dez anos converteuse en cuestor, celebrando os xogos públicos relacionados co seu cargo en decembro de 393. Memio tivo unha boa educación e estudou a lingua grega; o seu pai aprobou o seu estilo de escritura de cartas e, no 401, estudou cun retórico galo como titor.
O ano 401 marcou varios acontecementos importantes na vida de Memio: casou coa sobriña de Virio Nicomaco Flaviano;[2][3] tamén realizou os xogos relacionados co segundo chanzo no seu cursus honorum, o cargo de pretor (estes xogos había ser no 400 mais aprazáronse para permitir que Aurelio Símaco estivese presente e custaron 2.000 libras de ouro).
Probablemente foi Memio quen, pertencente a unha familia que practicaba a antiga relixión romana, construíu un templo dedicado á Flora en Roma. Tamén é autor dunha inscrición dedicatoria en homenaxe ao seu sogro Flaviano.[4] Despois da morte do seu pai, Memio editou parte da súa correspondencia (cousa que o propio pai comezara a facer).
-
Base de estauta de Virio Nicómaco Flaviano (nos Museos Capitolinos de Roma).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ensoli & La Rocca (2001), p. 22.
- ↑ Cameron (1999), p. 502.
- ↑ Ensoli & La Rocca (2000), p. 467.
- ↑ CIL (Corpus Inscriptionum Latinarum, VI) 1782
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cameron, A. (1999). "The Antiquity of the Symmachi". Historia: Zeitschrift Für Alte Geschichte 48 (4): 477–505. JSTOR jstor.org/stable/4436559.
- Ensoli, Serena; La Rocca, Eugenio, eds. (2000). Aurea Roma: dalla città pagana alla città cristiana (en italiano). (Catalogo della mostra. Roma 2000/2001. 22 decembro-20 abril. Palazzo delle Esposizioni). Roma: L'Erma di Bretschneider. p. 711. ISBN 88-8265-126-6.
- Ensoli, Serena; La Rocca, Eugenio, eds. (2001). Aurea Roma. Dalla città pagana alla città cristiana (en italiano). Roma: L'Erma di Bretschneider. p. 79. ISBN 9788882651558.