Bandar Abbas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bandar Abbas (en persa: بندرعباس) ou Bandar-e ‘Abbās (persa: بندر عباس) é unha cidade portuaria de 350 000 habitantes localizada na costa sueste de Irán, no Golfo Pérsico. Capital da provincia de Hormozgan. Cidade exportadora de petróleo, ocupa unha posición estratéxica no estreito de Ormuz

Historia[editar | editar a fonte]

No século XVI os portugueses fortificaron a cidade e déronlle o nome de Gamru. A cidade recibiu o actual nome logo que Abbas I de Persia a conquistase en 1615.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.