Pálpebra
A pálpebra[1] ou capela do ollo[2] é unha dobra músculo-mucosa da pel que cobre a parte dianteira do ollo. Nos humanos está composta pola membrana conxuntiva palpebral, en contacto co globo ocular; o tarso, unha capa de espesor notábel, pero flexíbel, que contribúe a darlle forma e ao seu sostemento (é unha especie de esqueleto do ollo); o músculo orbicular das pálpebras, que lle dá mobilidade, e a pel exterior. Os músculos situados na parte superior dos ollos retraen as pálpebras "abrindo" os ollos. Este proceso tanto pode ser voluntario como involuntario.
As pálpebras do ser humano posúen unha fileira de cellas que serven para protexer o ollo do po e doutros contaminantes do medio externo.
A función das pálpebras é a protección do ollo e a súa humectación a base de estender as secrecións lacrimais e outras secrecións, xa que a córnea ha de estar húmida de forma continuada. No momento de durmir evita que os ollos se sequen.
No reino animal existen diversos tipos de pálpebras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pálpebra.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para capela_do_ollo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |