Pyrgus malvoides
Pyrgus malvoides | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Pyrgus malvoides' (Elwes & Edwards, 1897) |
Pyrgus malvoides é un lepidóptero ropalócero da familia Hesperiidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]Ten unha envergadura alar de entre 24 e 26 mm.
Distribución
[editar | editar a fonte]Atópase na Península Ibérica (España e Portugal), oeste e sur da Francia continental (ao sur, a partir dunha liña que une o departamento francés de Charente Marítimo, o Macizo Central e Alta Savoia), sueste de Suíza (sur de Engadina), suroeste de Austria (sur de Innsbruck) e Italia, incluíndo a península de Istria e Sicilia.[1][2]
Ausente nas illas Baleares, Córsega e Sardeña.[3]
Período de voo
[editar | editar a fonte]Voa en dúas xeracións: a primeira, entre abril e xuño, e a segunda, entre finais de xullo e agosto; a grande altitude só hai unha, en xuño-xullo.[3][4]
Bioloxía
[editar | editar a fonte]A eiruga aliméntase de Potentilla (especialmente, de Potentilla pensylvanica e Potentilla erecta), Agrimonia e Fragaria. Hiberna como pupa.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pyrgus Malvoides (en alemán)
- ↑ Pytgus malvoides (en inglés)
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Tolman, Tom; Lewington, Richard. Mariposas de España y Europa (en castelán). Lynx, 2011. ISBN 978-84-96553-84-2.
- ↑ Tshikolovets, Vadim V. Butterflies of Europe & the Mediterranean area (en inglés). Tshikolovets Publications, 2011. ISBN 978-80-904900-0-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pyrgus malvoides |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pyrgus malvoides |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Catalan Butterfly Monitoring Scheme (catalán)
- Biodiversidad Virtual (castelán)