Pyrgus malvae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pyrgus malvae
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Suborde: Glossata
Infraorde: Heteroneura
(sen clasif.): Ditrysia
Superfamilia: Hesperioidea
Familia: Hesperiidae
Subfamilia: Pyrginae
Tribo: Pyrgini
Xénero: 'Pyrgus'
Especie: ''P. malvae''
Nome binomial
'Pyrgus malvae'
(Linnaeus, 1758)

Pyrgus malvae é unha especie de lepidóptero ditrisio da familia Hesperiidae que se distribúe a través da rexión paleártica excepto o extremo norte e a Península Ibérica, e cara ao leste até a China e Corea.

Descrición[editar | editar a fonte]

Co seu característico moteado negro e o patrón branco esta bolboreta é inconfundible, aínda que cando son vellos os individuos descoloridos poden confundirse con Erynnis tages.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

O seu hábitat principal en Gran Bretaña son as terras baixas húmidas, pero outros inclúen prados con arbustos, claros do arboledo e o hábitat artificial de terras de cultivo abandonadas. A bolboreta distribúese a través da Inglaterra meridional e central así como no País de Gales, pero declinou en varias áreas, especialmente nos hábitats máis secos.

Ciclo vital e fontes de alimentación[editar | editar a fonte]

As femias deixan postas de ovos individuais sobre especies da familia Rosaceae, normalmente Agrimonia eupatoria, Potentilla reptans e Fragaria vesca.

Outras das plantas que consomen ocasionalmente son Potentilla sterilis, Potentilla erecta, Sanguisorba minor, Rubus fruticosus, Rosa canina e Geum urbanum.

Nas plantas, as larvas crean estruturas de abrigo para usalas cando non se están alimentando. As larvas tecen casulos onde a pupa pasa o inverno, antes de emerxer na primavera seguinte. A bolboreta adulta voa de finais de abril até mediados de xuño.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]