Putten
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
| País | Países Baixos | ||||
| Provincias | Gueldria | ||||
| Capital | Putten (en) | ||||
| Contén a división administrativa | 't Oever (en) Bijsteren (en) Diermen (en) Gerven (en) Halvinkhuizen (en) Hell (en) Hoef (en) Huinen (en) Huinerbroek (en) Huinerwal (en) Koudhoorn (en) Krachtighuizen (en) Putten (en) Steenenkamer (en) Veenhuizerveld (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 24.365 (2021) | ||||
| Número de fogares | 9.805 (2015) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 87,45 km² | ||||
| Altitude | 17 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 3880–3882 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0341 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | putten.nl | ||||
Putten (pronunciación en neerlandés: [ˈpʏtə (n)]) é unha cidade e municipio da provincia de Güeldres, Países Baixos.
Encóntrase na zona costeira do antigo Zuiderzee. Ao leste de Putten encóntrase Veluwe, o parque nacional máis grande dos Países Baixos. Ao norte, leste e oeste, Putten está rodeado de terras de cultivo.
Sitado a unha altitude media de 17 msnm,[1] o municipio conta cunha extensión de 87,50 km²,[2] e no ano 2019 tiña unha poboación de 24 198 habitantes,[3] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 284 hab./km2.
Historia
[editar | editar a fonte]Até a segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]O documento oficial máis antigo no que se menciona a Putten remóntase ao ano 855. Porén, xa existían pequenos asentamentos durante a época romana. Despois da fundación da actual igrexa principal no século X, a comunidade converteuse no centro de varios asentamentos máis pequenos. Partes de Nijkerk e Voorthuizen tamén se convertieron en parte da área de Putten, até que en 1530 Nijkerk, e máis tarde tamén Voorthuizen, transformáronse en comunidades independentes.
Até 1356, cando se constríu un dique, a costa cambiaba con frecuencia, inundando terras agrícolas no oeste de Putten. Porén, a auga seguía sendo unha ameaza e o dique rompeu varias veces. A última gran inundación foi en 1916, cando gran parte de Putten se inundou. Despois de que se construíu o Afsluitdijk no norte dos Países Baixos, o Zuiderzee converteuse nun lago (1927-1933) a xa non representa unha ameaza.
A agricultura sempre foi unha fonte importante de ingresos en Putten. A fabricación de papel tamén foi importante desde os séculos XVII ao XIX. A partir de finais do século XIX comezou o turismo na zona, axudado pola chegada do ferrocarril en 1863. Isto facilitou á xente doutros pobos as vacacións nas pensións que se construíran en Putten. Entre as persoas doutros lugares tamén había pacientes que padecían tuberculose e enfermidades similares, que se beneficianan da luz do sol e do aire limpo, e se recuperaban en varios sanatorios.
Putten sufriu considerabelmente pola violencia militar. Durante os séculos XV, XVI e XVII, Putten foi incendiado polo menos en cinco ocasións.
Segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]Unha das maiores incursións nazis realizadas nos Países Baixos durante a segunda guerra mundial tivo lugar en Putten. Os días 1 e 2 de outubro de 1944, a maioría da poboación masculina foi deportada da vila, e a maioría deles morreron en campos de concentración como Neuengamme e Birkenau. Despois da guerra, dous dos oficiais alemáns responsábeis foron xulgados e condenados por esta acción. As redadas foron unha represalia por un ataque da resistencia local que matou un oficial da Wehrmacht preto de Nijkerk. O 1 e o 2 de outubro conmemóranse todos os anos en Putten. Un monumento de guerra na igrexa de Putten e un xardín conmemorativo (Vrouwtje van Putten Herdenkingshof) conmemoran o suceso e a perda de vidas.
| Número total de homes deportados | 661 |
| Levados a Amersfoort | 59 |
| Deportados a Neuengamme | 602 |
| Saltaron do tren no camiño a Neuengamme | 13 |
| Chegados a Neuengamme | 589 |
| Volveron a Putten despois da liberación | 49 |
| Mortos en campos de concentración alemáns | 540 |
| Asasinados durante a redada | 7 |
| Mortos pouco despois do regreso | 5 |
| Númeo total de mortos | 552 |
Galería
[editar | editar a fonte]- De Herikon. Putten
- Groot Spriel
- Castelo de Vanenburg
- Memorial da guerra na igrexa de Putten
- Hamburgo. Memorial do campo de concentración de Neuengamme. En memoria das vítimas da deportación de 1944
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Postcodetool for 3881BZ" Arquivado 27 de xullo de 2014 en Wayback Machine.. Actueel Hoogtebestand Nederland. Het Waterschapshuis. Consultado o 17 de xullo de 2021.
- ↑ "Kerncijfers wijken en buurten 2020". StatLine. CBS. 24 de xullo de 2020. Consultado o 17 de xullo de 2021.
- ↑ "Bevolkingsontwikkeling; regio per maand". CBS Statline. 1 de xaneiro de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2021.
