Pul
Pul | |
---|---|
پول en paxta | |
![]() | ![]() |
(anverso) | (reverso) |
Código: | |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | |
Fracción: | |
Moedas: | 1, 2, 3, 5, 10, 20, 25, 50 pul. |
Emisor: | |
Taxa de troco: | |
O pul (paxta: پول; persa: پل) é a moeda divisionaria equivalente á centésima parte do afgani, a unidade monetaria oficial da República Islámica de Afganistán.[1][2]
Desde a reforma monetaria de 2002, non existe a súa especie física.[3]
Historia[editar | editar a fonte]
O pul ten o seu antecedente nunha antiga moeda de cobre da mesma denominación propia do mundo persa e do Cáucaso, cuñada entre os séculos XIII e XVIII.[1][4]
Ata 1925, a moeda de Afganistán era a rupia afgá, que estaba dividida en paisa. En 1925, a rupia foi substituída polo afgani, que, pola súa vez, foi subdividido en 100 puls.[3]
No momento da súa introdución, a moeda dun pul era de cobre e pesaba un gramo, en tanto que a de 10 pul pesaba 6 gramos.[5]
As moedas emitidas con esta denominación entre 1925 e teñen os valores de 1, 2, 3, 5, 10, 20, 25 e 50 puls.[6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Pul". En Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura, Madrid. Páxina 151. ISBN 978-84-8181-405-7
- ↑ "World Currencies: Afghani". Online Coin Club.
- ↑ 3,0 3,1 "World Currencies: Afghani". Online Coin Club.
- ↑ "1 Pūl - Tsewang Rabtan". Numista.com
- ↑ "Afghani". Encyclopaedia Iranica.
- ↑ "Afghanistán. 100 Pul = 1 Afghani". Numista.com