Saltar ao contido

Psitacosauro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Psitacosauro
 Nome taxon
    Psittacosaurus
Diagrama de tamaño
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
Características
 Fonte de alimentación
 Subdivisións
 Sinonimia
Protiguanodon Osborn, 1923
Hongshanosaurus You, Xu, & Wang, 2003
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseReptilia
OrdeOrnithischia
FamiliaPsittacosauridae
XéneroPsittacosaurus Editar o valor en Wikidata
Osborn, 1923 Psittacosaurus Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Lonxitude
   2 m Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de comezo
hai 126 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
hai 101 millóns de anos Editar o valor en Wikidata
 Período
Localización
 Lugar de descuberta
Fontes e ligazóns
Freebase/m/0700b8 Editar o valor en Wikidata
OTT4126864 Editar o valor en Wikidata
EOL4532049 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O psitacosauro (Psittacosaurus, "lagarto papagaio", do grego ψιττακος/psittakos, "papagaio" e σαυρος/sauros, "lagarto") é un xénero de dinosauro cerátopo psitacosáurido que viviu no Cretáceo inferior no que hoxe en día é Asia, hai entre 130 e 100 millóns de anos. É o xénero de dinosauros con máis especies coñecidas. Recoñécense cando menos dez especies diferentes a partir de fósiles atopados en diferentes rexións da China, Mongolia e Rusia, cunha posible especie adicional de Tailandia.

Tódalas especies de psitacosauro eran da medida dunha gacela, bípedes e herbívoros, caracterizadas por un pico elevado e potente na mandíbula superior. Só unha das especies tiña estruturas alongadas semellantes a plumas sobre a cola e a parte posterior do lombo, que probablemente servían para exhibirse. Os psitacosauros son cerátopos extremadamente primitivos e, mentres que desenvolveron adaptacións novas propias, tamén compartían moitos trazos anatómicos acos cerátopos máis tardíos, como protocerátops e o tricerátops, da medida dun elefante.