Triceratops

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tricerátops»)
Triceratops
Rango fósil: Cretáceo superior

Esqueleto de Triceratops" no Museo dos Ánxeles.
Clasificación científica
Orde: Ornithischia
Suborde: Marginocephalia
Infraorde: Ceratopsia
Familia: Ceratopsidae
Subfamilia: Chasmosaurinae
Xénero: Triceratops
Marsh, 1889
Especies
  • T. horridus (Marsh, 1889)
  • T. prorsus (Marsh, 1890)
Sinonimia

O triceratops (que significa literalmente "cara con tres cornos") é unha especie de dinosauro que viviu no período Cretáceo tardío en América do Norte. Medía uns 3 metros de altura e 9 de lonxitude. Tiña unha alimentación herbívora, e comía todo tipo de plantas.

Era un dinosauro moi robusto, cunhas moi boas defensas:

  • Individualmente: os triceratops contaban cunha placa ósea que lles cubría o cranio e a noca, e dela saían dous cornos de considerable tamaño, ademais de teren outro menor no fociño. Crese que a cor da placa ósea dos machos servíalles para atraer as femias durante a época de celo. Quizais tamén podía morder coa súa mandíbula, pois esta era moi parecida á das aves, en caso de ter oportunidade de facelo, coma outros ceratópsidos coma o protocerátops.
  • En grupo: as mandas de triceratops estaban compostas por adultos e crías. Investigando os comportamentos dos animais actuais, considérase que os adultos das mandas rodeaban as súas crías ó chegaren os depredadores.
As cargas dos triceratops debían de ser temibles, pois chegaba a correr 35 km/h, apuntando cos seus cornos cara ós seus inimigos.

Os machos combatían entre si polo control das femias, pero nestes combates os cornos estaban á marxe, pois só se utilizaban empurróns e loitas cos cornos trabados. Porén, está demostrado que estes combates chegaban a unha gran violencia, pois a paleontoloxía atopou numerosas placas óseas de triceratops fracturadas.