Tratado de Osimo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vista aérea de Osimo, cidade onde e asinou o tratado.

O tratado de Osimo foi asinado o 10 de novembro de 1975 pola República Federal Socialista de Iugoslavia e a República italiana en Osimo, provincia de Ancona, e nel que foi dividido o Territorio Libre de Trieste. O tratado escribiuse en francés e entrou en vigor o 11 de outubro de 1977.

O acordo baseábase nun "Memorando de Entendemento" asinado en Londres en 1954 (coñecido como Memorando de Londres), que outorgaba a administración civil provisional da Zona A a Italia, e da Zona B a Iugoslavia. O tratado de Osimo fixo definitiva esta situación. A Zona A, incluída a cidade de Trieste, pasou a conformar a provincia italiana de Trieste, aínda que Iugoslavia viu garantido o libre acceso ao porto de Trieste.

O Ministerio de Exteriores italiano nunca estivo envolvido na negociación, pois esta foi levada case exclusivamente por Eugenio Carbone, entón Director Xeneral do Ministerio de Industria e Comercio, que tamén asinou o tratado por parte do goberno italiano. O Ministro de Asuntos Exteriores iugoslavo, Miloš Minić, asinou o tratado por parte de Iugoslavia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazósn externas[editar | editar a fonte]