Bueng Kan
Bueng Kan | |
---|---|
Localización | |
País | Tailandia |
Rexión | Isan |
Provincia | Bueng Kan |
Xeografía | |
Superficie | 791,9 km² |
Demografía | |
Poboación | 87.129 hab. (2010) |
Densidade | 105,5 hab./km² |
Outros datos | |
Código postal | 38000 [1] |
Mueang Bueng Kan (en tailandés: เมืองบึงกาฬ; IPA: [mɯ̄aŋ bɯ̄ŋ kāːn]) é o distrito capital (Amphoe Mueang) de Provincia Bueng Kan, no nordeste de Tailandia.
Historia[editar | editar a fonte]
O distrito foi denominado orixinalmente Chaiburi (ไชยบุรี) e formaba parte da Provincia Nakhon Phanom. En 1917 foi reasignada en Nong Khai, e en 1939 era rebautizado como Bueng Kan.
No agosto do 2010, tras propoñerse separar a Provincia Bueng Kan de Nong Khai e publicarse o 22 de marzo de 2011 a Acta de Establecemento da Provincia Bueng Kan no diario oficial tailandés, o distrito converteuse na capital da nova provincia, denominándose Amphoe Mueang Bueng Kan.
Etimoloxía[editar | editar a fonte]
Bueng pódese traducir por "braña" e Kal e a forma tailandesa de Kali; que pode referirse a "negro" ou a "morte."[2]
Xeografía[editar | editar a fonte]
Os distritos veciños son, empezando polo leste e seguindo as agullas do reloxo: Bung Khla, Seka, Si Wilai, Phon Charoen, So Phisai e Pak Khat, todos na provincia de Bueng Kan. Ao norte, tras o Mekong, encóntrase a provincia laosiana de Bolikhamxai.
Administración[editar | editar a fonte]
O distrito divídese en 12 subdistritos (tambon), que se debullan logo en 131 lugares (muban). Bueng Kan é tamén un subdistrito municipal (thesaban tambon) que ocupa os tambon Bueng Kan e Wisit. Parte da área do subdistrito Wisit forma o subdistrito municipal de Wisit. Tampouco Kheng, Ho Kham, Khok Kong e Khai Si son subdistritos municipais que non cobren completamente os subdistritos correspondentes. O resto de subdistritos non teñen subdistritos municipais.
Nº | Nome | Tailandés | Lugares | Pob.[3] |
---|---|---|---|---|
1. | Bueng Kan | บึงกาฬ | 11 | 9,712 |
3. | Non Sombun | โนนสมบูรณ์ | 13 | 9,494 |
4. | Nong Kheng | หนองเข็ง | 11 | 6,571 |
5. | Ho Kham | หอคำ | 14 | 6,997 |
6. | Nong Loeng | หนองเลิง | 13 | 8,262 |
7. | Khok Kong | โคกก่อง | 9 | 6,660 |
10. | Na Sawan | นาสวรรค์ | 9 | 7,364 |
11. | Khai Si | ไคสี | 10 | 5,155 |
14. | Chaiyaphon | ชัยพร | 13 | 7,913 |
16. | Wisit | วิศิษฐ์ | 13 | 9,264 |
18. | Kham Na Di | คำนาดี | 8 | 4,830 |
19. | Pong Pueai | โป่งเปือย | 7 | 4,907 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Antes de ser separada de Nong Khai usaba o código 43140
- ↑ "Lexitron Thai-English".
- ↑ "Datos poboación 2010". Administración provincial. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2011. Consultado o 09 de setembro de 2011.