Provincia de Antalya
Aparencia
Coord.: 37°N 31°L / 37, 31
| Antalya ili (tr) | |||||
| Epónimo | Antalya | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Turquía | ||||
| Capital | Antalya | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.418.651 (2021) | ||||
| Número de fogares | 895.004 (2024) | ||||
| Lingua oficial | lingua turca | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 20.723 km² | ||||
| Auga | 0,54 % | ||||
| Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
| Altitude | 39 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| PIB per cápita | 7,853 $ (2004) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 07000–07999 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 242 | ||||
| ISO 3166-2 | TR-07 | ||||
| Código NUTS | TR611 | ||||
| Sitio web | antalya.gov.tr | ||||
Antalya é unha provincia (il) de Turquía, que se encontra na súa costa suroeste, entre os Montes Tauros e o mar Mediterráneo. Ten unha superficie de 20,723 km², unha poboación no 2007 de 1.789.295 habitantes[1], e a súa capital é Antalya.
A provincia de Antalya é o centro da industria turística de Turquía, atraendo arredor do 30% dos turistas estranxeiros. Ten unha costa de 657 km con praias, peiraos e cidades antigas esparexidas por esta, como pode ser a cidade declarada Patrimonio da Humanidade de Xanto.
Antalya é a provincia que tivo o maior crecemento demográfico do estado, cun 4,17% anual entre na década de 1990 (no estado o crecemento foi dun 1,83%).
Distritos
[editar | editar a fonte]A provincia está dividida en quince distritos:
- Antalya
- Alanya
- Akseki
- Demre
- Elmalı
- Finike
- Gazipaşa
- Gündoğmuş
- İbradı
- Kaş
- Kemer
- Korkuteli
- Kumluca
- Manavgat
- Serik
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ [1] Arquivado 18 de xuño de 2008 en Wayback Machine. Censo de Turquía (en turco).
