Provincia de Almati
| Алматы облысы (kk) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Kazakhstán | ||||
| Capital | Qonayev (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.146.576 (2021) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 223.911 km² | ||||
| Altitude | 7.010 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 10 de marzo de 1932 | ||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Amandyk Batalov (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 040000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 727 e 728 | ||||
| ISO 3166-2 | KZ-19 e KZ-ALM | ||||
| Sitio web | gov.kz… | ||||
A provincia de Almaty (en kazako: Алматы облысы) é unha provincia de Kazakhstán. A súa poboación é de 1.603.700 habitantes e ten unha extensión de 224.000 quilómetros cadrados. A súa capital é a cidade de Taldykorgan, cunha poboación duns 118.400 habitantes.
Nesta zona áchanse os petróglifos de Tamgaly, declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco no 2004.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O territorio da provincia rodea á cidade de Almati. Fai fronteira con Kirguizistán e a rexión de Xinxiang na República Popular da China. Tamén limita coas provincias kazakas de Zambyl, Karaganda e Kazakhstán Oriental.
No noroeste atópase o lago Balkhash (Balqash Koli). Ao longo da fronteira meridional con Kirguizistán esténdese a cordilleira do Trans-Ili Alatau, rama do Tian Shan.
Historia
[editar | editar a fonte]A provincia de Alama Ata, precursora da actual provincia de Almaty, foi creada a partir da rexión histórica de Zhetysu o 10 de marzo de 1932. A súa capital era Alma Ata (Almati). Durante o período soviético a parte nordeste da provincia, centrada en Taldykorgan, foi separada do resto. En abril de 2001 o centro administrativo da provincia trasladouse desde Almati a Taldykorgan.
