Baikonur
Coordenadas: 45°37′0″N 63°19′0″L / 45.61667, -63.31667
Baikonur | |||
---|---|---|---|
Байқоңыр Байконур | |||
Vista da cidade | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Xeografía | |||
Altitude | 100 msnm | ||
Superficie | 57 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 36 175 hab. (2009) | ||
Densidade | 630 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Código postal | 710501 | ||
Páxina oficial de Baikonur |
Baikonur[Cómpre referencia] (en casaco Байқонгир/Baýqoñır, e en ruso Байконур), anteriormente coñecida como Leninsk, é unha cidade de Casaquistán administrada por Rusia. Localízase ás beiras do río Sir Daria.
Construíuse para servir ao Cosmódromo de Baikonur e foi oficialmente bautizada como Baikonur polo presidente ruso Boris Eltsin o 20 de decembro de 1995. Durante o período soviético ás veces era referida como Звездоград (Zvezdograd), en ruso "Cidade das Estrelas".[1]
A Baikonur orixinal (en kazhako "terra fértil con moitas herbas") é unha localidade mineira situada 320 km ao nordés do cosmódromo, preto de Dzhezkazgan na exión de Karagandy. Dende o lanzamento do Vostok 1 en abril de 1961, a área de lanzamentos recibiu este nome para causar confusión e manter a súa situación en segredo. Os habitantes da Baikonur orixinal aproveitáronse da confusión para encargar e recibir materiais antes de que as autoridades descubrisen o erro.[2]
Galería[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Barensky, C.; Lardier, Stefan (2013). The Soyuz launch vehicle the two lives of an engineering triumph. Nova York: Springer. p. 189. ISBN 146145459X.
- ↑ Siddiqi, Asif A. Challenge To Apollo: The Soviet Union and the Space Race, 1945-1974. NASA. p. 284.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baikonur ![]() |