Provincia de Bueng Kan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Provincia Bueng Kan")
Bueng Kan
Capital Bueng Kan
Rexión Rexión Nordeste
Poboación habitantes
Censo
Área 4.305 km²
Densidade 90 hab/km²
Poboación estimada 390.000 habitantes (2011)
Localización da provincia
Thailand Bueng Kan locator map.svg

Bueng Kan (en tai บึงกาฬ) é a 76ª provincia (changwat) da Tailandia, situada na Rexión Nordeste, en funcionamento desde o 23 de marzo de 2011. A provincia formouse a partir de distritos (amphoe) provenientes da Provincia Nong Khai. A súa capital é Bueng Kan.

Achantada no nordeste de Isan, limita polo norte e leste con Laos, co río Mekong. As provincias tailandesas coas que limita, de leste a oeste, son Nakhon Phanom, Sakon Nakhon, Udon Thani e Nong Khai

No distrito Bung Khla atópase o Santuario Phu Wua, protexendo un monte arborado a carón do río Mekong.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1994, Sumet Phromphanhao, deputado na cámara baixa tailandesa da Provincia Nong Khai, propuxo a provincia de Bueng Kan composta polos amphoes de Bueng Kan, Seka, So Phisai, Bung Khla, Bueng Khong Long, Pak Khat, Phon Charoen e Si Wilai, todos amphoes da Provincia Nong Kha. Se se creara, a provincia tería 4.305 km2, cunha poboación duns 390.000 habitantes. Mais o Ministro de Interior non veu apropiado a creación dunha nova provincia e non prosperou a iniciativa no Consello de Ministros.

A proposta estivo no esquecemento durante até 2010, cando o Ministro de Interior a propuxo no Consello de Ministros. O 3 de agosto de 2010 o Consello resolveu presentar a proposta á Asemblea Nacional, citando como razóns principais o número axeitado de distritos e de poboación como o carácter especial da provincia, así como tamén que na Provincia Nong Khai á beira do Mekong, era dificultoso o mantemento dunha seguridade axeitada por toda a extensa fronteira.

O 7 de febreiro de 2011 a Asemblea Nacional aprobou a proposición. O Primeiro Ministro Abhisit Vejjajiva presentoulla a Bhumibol Adulyadej quen a asinou o 11 de marzo de 2011. Publicouse na Diario Oficial o 22 de marzo de 2011 e entrou en efecto ao día seguinte.

Distritos[editar | editar a fonte]

A provincia subdivídese en oito distritos (amphoe):

  1. Bueng Kan
  2. Phon Charoen
  3. So Phisai
  4. Seka
  5. Pak Khat
  6. Bueng Khong Long
  7. Si Wilai
  8. Bung Khla