Prospero Alpini
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de novembro de 1553 Marostica |
| Morte | 23 de novembro de 1616 Padua |
| Educación | Universidade de Padua |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Botánica |
| Ocupación | botánico, entomólogo, médico, naturalista |
| Empregador | Universidade de Padua |
| Obra | |
| Abreviación dun autor en botánica | Alpino |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia Leksikon Biblioteca dixital BEIC |
Prospero Alpini, ou Prosper Alpinus, nado en Marostica en 1553 e finado en Padua en 1617, foi un botánico e médico italiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na república de Venecia, na súa mocidade serviu durante un tempo no exército de Milán, pero en 1574 comezou a estudar medicina en Padua, despois da súa graduación en 1578 exerceu en Campo San Pietro, unha pequena vila na comarca de Padua. Mais o seu interese pola botánica, en especial as plantas exóticas, lévao a viaxar a Exipto en 1580 como médico do embaixador veneciano no Cairo, onde pasou tres anos. Da observación do cultivo da palmeira datileira deduciu a diferenza sexual das plantas.
Á súa volta, residiu durante un tempo en Xénova como médico de Andrea Doria, e en 1593 exerce de profesor de botánica en Padua ata a súa morte. A súa obra máis coñecida é De Medicina Egyptiorum (1592). En Medicina Egyptiorum (1592) describe por primeira vez en Europa a cafeeira.
- Historia Aegypti naturalis, 1735