Vanishing Point (álbum de Primal Scream)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Vanishing Point
Álbum de Primal Scream
Publicado7 de xullo de 1997
Estudio(s)Chalk Farm Studios, Londres
Duración53:31
Xénero(s)rock electrónico, indie rock
Selo(s)Creation Records, Reprise Records
Producido porPrimal Scream, Brendan Lynch, Andrew Weatherall
Cronoloxía
Give Out But Don't Give Up
(1994)
Vanishing Point Echo Dek
(1997)

Vanishing Point é o quinto álbum de estudio da banda escocesa de rock alternativo Primal Scream, publicado o 7 de xullo de 1997 a través do selo Creation Records no Reino Unido e de Reprise Records nos Estados Unidos. O disco chegou ao número 2 da lista británica de álbums.[1] O traballo inspírase en xéneros como dub, ambient, dance, e krautrock, ademais de bandas como Motörhead, Can, e The Stooges. Foi o primeiro álbum da banda en contar con Gary 'Mani' Mounfield ao baixo, anteriormente membro de The Stone Roses, aínda que Marco Nelson gravou os baixos en "Burning Wheel", "Star", "If They Move, Kill 'Em'", e "Stuka". Outros convidados en Vanishing Point foron Augustus Pablo, Glen Matlock, e The Memphis Horns.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Bobby Gillespie, Andrew Innes, Robert Young, e Martin Duffy, agás onde se indique. 

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Burning Wheel"    7:06
2. "Get Duffy"    4:09
3. "Kowalski"  Bobby Gillespie, Andrew Innes, Robert Young, Martin Duffy, Gary Mounfield 5:50
4. "Star"    4:24
5. "If They Move, Kill 'Em"    3:01
6. "Out of the Void"    3:59
7. "Stuka"    5:36
8. "Medication"    3:52
9. "Motörhead"  Lemmy Kilmister 3:38
10. "Trainspotting"    8:07
11. "Long Life"    3:49

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "13 July 1997 - 19 July 1997". officialcharts.com. Consultado o 16 de outubro de 2023.