Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia é un galardón anual outorgado conxuntamente polo Grupo Compostela de Universidades e o Goberno galego.

Historia e características[editar | editar a fonte]

A primeira entrega do galardón tivo lugar en 1996 trala firma dun acordo entre o Grupo Compostela de Universidades e a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

O premio condecora aquelas persoas ou institucións destacadas debido ao seu traballo en favor da difusión de proxectos ou ideas de alcance internacional, especialmente aquelas relacionadas coa promoción do ideal común europeo, a educación e a preservación da nosa herdanza cultural.

A Xunta de Galicia e as universidades membros do Grupo Compostela presentan anualmente candidaturas a este premio, que está dotado dunha recompensa monetaria e unha medalla de ouro conmemorativa con forma de cuncha (o símbolo durante séculos da peregrinación a Santiago e a imaxe escollida polo Grupo Compostela de Universidades).

Galardoadas/os[editar | editar a fonte]

ElBaradei, Nobel da Paz 2005,
premiado en 2010.
Ano Premiado
1997 Jacques Santer
1998 Václav Havel
1999 Helmut Rilling
2000 Cees Nooteboom
2001 Carla Del Ponte
2002 Álvaro Siza
2003 Manuel Cecilio Díaz y Díaz
2004 Miguel Siguan Soler
2005 Wladyslaw Bartoszewski
2006 Helsinki Group on Women and Science
2007 Manuel Castells
2008 Channel Arte
2009 Amin Maalouf
2010 Mohamed ElBaradei
2011 Neelie Kroes
2012 O Colexio de Europa
2013 Euronews
2014 Lennart Levi
2015 Programa Erasmus
2016 CIRCOM[1]
2017 Marcelino Oreja Aguirre
2018 María Pilar Alonso Abad[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "CIRCOM gaña o XX Premio Internacional Grupo Compostela - Xunta de Galicia". CRTVG. 3 de maio de 2018. Consultado o 28 de maio de 2018. 
  2. "María Pilar Alonso Abad recibe o XXII Premio do Grupo Compostela-Xunta de Galicia". 25 de maio de 2018. Consultado o 28 de maio de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]