Prem Tinsulanonda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Prem Tinsulanonda
Prem Tinsulanonda (Cropped) (2).jpg
Nacemento26 de agosto de 1920
Lugar de nacementoMueang Songkhla
Falecemento26 de maio de 2019
Lugar de falecementoPhramongkutklao Hospital
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeTailandia
RelixiónTheravada
Alma máterChulachomklao Royal Military Academy e Mahavajiravudh Songkhla School
Ocupaciónpolítico e militar
PremiosOrder of the Nine Gems, Order of Chula Chom Klao, Order of Rama, Grand Cordon of the Order of the White Elephant, Ordem da Coroa da Tailândia, Grand Cross of the Order of Orange-Nassau, Comandante da Grã-Cruz da Ordem da Estrela Polar, Order of the Rising Sun with Paulownia Flowers, 1st class, Order of Sikatuna, Grande Cruz do Mérito da República Federal da Alemanha, Ordem de Dannebrog, Ordem do Libertador San Martin, Order of the Direkgunabhorn e Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria
Signature of Prem Tinsulanonda.svg
editar datos en Wikidata ]

Prem Tinsulanonda, nado na provincia de Songkhla o 28 de agosto de 1920, é un militar tailandés retirado que foi Primeiro Ministro do seu país de 1980 a 1988. Desde o seu retiro é conselleiro do rei Bhumibol Adulyadej.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os seus estudos na súa provincia de nacemento e máis tarde en Bangkok. En 1941 ingresou na Real Academia Militar de Tailandia e máis tarde na Escola de Defensa Nacional. En 1959 participou na comisión encargada do novo texto constitucional. Entre 1968 e 1971 foi Senador, de 1972 a 1973 deputado no Parlamento e en 1976 foi nomeado membro do Consello Asesor do Primeiro Ministro Tanin Kraivixien. Con Kriangsak Chomanan foi nomeado Ministro do Interior (1977-1978) e Ministro de Defensa (1979-1980). Tras a saída de Chomanan foi elixido Primeiro Ministro e conservou a carteira de defensa até 1986. En 1988 dimitiu e foi designado polo Rei como Presidente do seu Consello Privado. Durante o golpe de estado en Tailandia en 2006 especulouse coa posibilidade de que fose nomeado de novo Primeiro Ministro de transición.

Primeiro Ministro de Tailandia

Segue a:
Kriangsak Chomanan
Prem Tinsulanonda
Precede a:
Chatichai Choonhavan